Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Pontevedra Film Commission apoia a rodaxe de Wendyland is dead

Pontevedra será escenario dunha curtametraxe sobre a dependencia emocional e a distorsión do amor romántico que se rodará durante o próximo mes de febreiro.





Unha curtametraxe que se rodará en espazos públicos e privados de Pontevedra durante o próximo mes de febreiro, reflexionará sobre a dependencia emocional e os síndromes de Wendy e Peter Pan. A produción, que chega co apoio da Pontevedra Film Commission, foi presentada hoxe pola concelleira de Promoción Económica, Emprego e Turismo, Carlota Román, e unha parte do equipo de "Wendyland is dead".

A curta, producida por "My Art Project", parte dun guión de Noelia Toledano, que tamén se ocupará da dirección. A rodaxe, que contará con destacados actores galegos, realizarase en localizacións tan representativas da cidade como o Centro Histórico, as pontes e o paseo do Lérez. Pero tamén haberá espazos pechados como salóns de peiteado, tendas de roupa, consultas médicas e locais nocturnos. Na presentación da curta participaron tamén as escritoras Loli Beloso, Dori Feijoo e o produtor Amadeo Covas.

Noelia Toledano destacou que non se trata dunha película feminista, pero si é unha película sobre mulleres. Aborda a necesidade absoluta de satisfacer á parella ou aos fillos, que sofren especialmente as mulleres por causa do medo ao abandono e tamén como resultado dunha educación baseada en estereotipos. Un síndrome moi conectado co síndrome de Peter Pan, máis común nos homes, e que caracteriza a aqueles que non queren crecer nin asumir as obrigas e responsabilidades da idade adulta. Cada Peter Pan necesita unha Wendy para asumir todo o que el non afronta, recalcou Toledano.

O guión non fala de violencia de xénero, destacou a directora, senón máis ben do cerne, da raíz profunda e emocional, que fai posible ese tipo de situacións dramáticas. Wendyland is dead é unha reflexión sobre a distorsión do amor romántico e as ideas preconcibidas, inoculadas dende idades temperás, sobre a busca do príncipe azul ou do home ideal. As mulleres non deben agardar a que lles baixen a lúa, deben baixala elas mesmas tomando as rendas da súa vida, recalcou Toledano.

O peculiar enfoque desta produción fará que, ademais de seren distribuída en festivais de cine, vaiase poñer especial énfase en facela chegar a gabinetes psicolóxicos, centros penitenciarios, escolas e ámbitos relacionados coa educación e a sanidade. Haberá unha versión subtitulada en Inglés.

Carlota Román explicou que a oficina da Pontevedra Film Commission foi creada en 2013 e, dende entón, xa impulsou proxectos audiovisuais diversos:  dúas temporadas da  web-serie Clases de lo Social, tres curtas sobre a vida de La Bella Otero, Maruja Mallo e María Casares e un spot publicitario sobre os viños galegos. Actualmente, ademais da curta Wendyland is dead, estase a traballar noutros tres proxectos, un deles ao redor da figura de Castelao e a súa etapa pontevedresa.

A concelleira subliñou que, xunto coa recuperación da tradición de Pontevedra como plató aberto para a rodaxe de series, películas e todo tipo de producións audiovisuais, a Film Commission é outro xeito máis de traballar a prol do turismo, tanto polas estancias que se derivan dos equipos de rodaxe como pola promoción que se fai da cidade.

Visit Pontevedra