Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

A Concellería de Promoción Económica busca colaboracións para atraer cruceiristas e difundir o concurso de tapas

Carlota Román e César Sánchez-Ballesteros, presidente dos hoteleiros e hostaleiros da provincia, xuntarán esforzos





A concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, e o presidente da Asociación Provincial de Hoteleiros (Asehospo) e da Federación Provincial de Hostaleiros (Feprohos), César Sánchez-Ballesteros, sentaron hoxe as bases dunha colaboración para promover o certame PontedeTapas e afinar estratexias para atraer os turistas de cruceiro á cidade de Pontevedra.

 

Nunha xuntanza de traballo acordaron que Pontevedra participará na primeira edición do concurso provincial de tapas que se celebrará a mediados de xaneiro (probablemente o día 14) e no que tomarían parte os tres finalistas de PontedeTapas. Ambas partes coinciden que a Gastronomía é un dos puntuais turísticos de Galicia e das Rías Baixas, polo que resulta acertado afondar nesta liña de traballo. O formato elixido por Feprohos sería unha gala-concurso cun xurado profesional para determinar as mellores tapas da provincia.

 

En canto á captación de cruceiristas, Carlota Román explicou que a Concellería de Turismo desenvolveu durante o mes de setembro unha campaña específica ao pé da estación marítima de Vigo, apoiada na imaxe do loro Ravachol e na proximidade da estación do ferrocarril de Guixar. A responsable municipal indicou que é moi difícil medir o impacto final deste tipo de campañas, pero explicou que as dúas axentes turísticas encargadas de desenvolvela atenderon entre 60 e 80 persoas diarias, brindándolles información sobre Pontevedra.

 

O obxectivo para o ano próximo está en poder traballar directamente coas navieiras para que a información poda estar dispoñible a bordo. Nesta liña César Sánchez-Ballesteros apuntou que os cruceiristas, cada vez máis, planifican as súas propias excursións e rexeitan os paquetes organizados.

 

Finalmente, Carlota Román recalcou os bos datos de Pontevedra durante a recente campaña de verán, na que achegouse moito aos 50.000 visitantes (datos da rede municipal de puntos de información turística). A concelleira desbotou que os resultados se deban a unha suposta recuperación económica e cinguiunos,  máis ben, á política pública municipal de apoio aos eventos deportivos e ao  "turismo de negocios", que ten nas feirais e congresos o seu principal expoñente. E, como exemplo, falou da alta ocupación hoteleira da última fin de semana de setembro, a causa da pasarela PONMO e da feira de perruquería e estética. Algo no que coincidiu tamén César Ballesteros, cando apuntou  que os turistas, cada vez máis, chegan con garabata, e xa non só con chanclas

Visit Pontevedra