Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Pontevedra acolle mañá, sábado, o terceiro congreso de autoaxuda “Ponte a Punto”

Máis dun cento de persoas, procedentes de toda Galicia, inscribíronse para participar neste Congreso de autoaxuda que se centra, nesta ocasión no concepto do Desenvolvemento persoal 3.0





O Pazo da Cultura acolle mañá sábado, a partir das 10 horas, a terceira edición do Congreso "Ponte a Punto", que volve parar en Pontevedra, como fórmula para "cargar pilas" e asumir os retos profesionais, pero tamén persoais,  nunha sociedade fortemente castigada pola crise económica.

 

Máis dun cento de persoas, procedentes de toda Galicia, inscribíronse para participar neste Congreso de autoaxuda que se centra, nesta ocasión no concepto do Desenvolvemento persoal 3.0. Trátase de apuntalar os tres piares principais para ter unha vida equilibrada e plena: corpo, mente e espírito.

 

A cita, que conta co apoio da Concellería de Promoción Económica e Turismo, está concentrada nesta xornada de sábado, en horario de mañá e tarde. Pasarán polo estrado cinco relatores de prestixio, como Sergio Fernández (director do Máster de Emprendedores do Instituto Pensamiento Positivo), Javier Akerman-Alonso (psicólogo, teólogo, sexólogo e experto en medicina natural e ioga), Sandra Mesías Otero (experta en "couching" de equipos, experta en Márketing e en Habilidades Directivas), María José Moya Membiela (experta en Kinesiología, experta en dinámica de grupos, motivadora e fundadora da "Escuela Holística, salud y educación de las Raíces a las Alas") e, finalmente, Antonio Guimaraes (enxeñeiro químico reconvertido a "coach trainer" especializado en "Life Coaching" e "Executive Coaching", ademais de conferenciante habitual en materias de relacións humanas, excelencia persoal e organizacional).

 

O evento está organizado pola empresa Qualitas&Docensa. As inscricións das persoas interesadas pode facerse a través da web do congreso http://docensa.blogspot.com.es

Visit Pontevedra