Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Volve PontedeTapas, co obxectivo de dinamizar o turismo local durante a ponte da Inmaculada

O certame, que o ano pasado xerou máis de 100.000 euros de ingresos, mantén a gala final para homenaxear aos finalistas





Volve PontedeTapas, co obxectivo de dinamizar o turismo local durante a ponte da Inmaculada

O certame, que o ano pasado xerou máis de 100.000 euros de ingresos, mantén a gala final para homenaxear aos finalistas

 

O certame gastronómico PontedeTapas, que impulsa a Concellería de Promoción Económica, Emprego e Turismo, volverá entre os días 28 deste mes de novembro e o 8 de decembro para cubrir a programación turística municipal durante a ponte das festividades da Constitución e da Inmaculada.

 

A cita, que chega este ano á súa sétima edición, foi presentado hoxe pola concelleira, Carlota Román, acompañada dos representantes de Aempe, José María Corujo; Centro Comercial Urbano Zona Monumental, Miguel Lago, e da nova asociación Hostaleiros Empresarios de Pontevedra (Hoempo), Camilo Garrido. Con eles estivo tamén o coordinador do concurso, o xornalista e presentador do programa Come e Fala, da Radio Galega, Xosé Manuel García Barreiro.

 

Carlota Román lembrou que PontedeTapas moveu o ano pasado 32.000 racións destas pequenas xoias da gastronomía local e 2.000 cócteles a través dos 52 locais participantes. O impacto económico estimado para a hostalería local foi dun mínimo de 100.000 euros, aínda que Román recalcou que o impacto real foi moi superior, porque estimouse como media o consumo dunha única bebida por tapa e non se computaron as pernoctas. O concurso funcionou, e así se comprobou nos cupóns de votación do público, como un potente elemento de atracción de visitantes de fóra da cidade, e moi especialmente, doutras cidades galegas.

 

Os prezos, como vén sucedendo case dende o principio, serán os mesmos: 1,50 euros para as tapas e 2,50 euros para os cócteles. Os hostaleiros competirán nas modalidades de tapa tradicional (elaboradas con produtos da terra) e creativa (centrada nas novas tendencias, pero sempre a partir de produtos autóctonos).

 

Mantense a novidade da gala final, que se  celebrará o 15 de decembro. Pontevedra foi a primeira cidade en introducir esta cerimonia, na que as tapas finalistas elabóranse en directo para a votación final do xurado profesional. Unha gala que, destacou Carlota Román, despertou o interese doutras cidades e supón en si mesma, un premio para os participantes.

 

Os locais interesados en participar teñen ata o próximo día 20 deste mes para inscribirse. A cota de inscrición será de 90 euros. Poden participar todos os establecementos do municipio que o desexen. A recadación das inscricións vai integramente a sufragar os premios que se sortean entre o público, encabezados por unha viaxe a Europa e vales de compra no comercio local e a Praza de Abastos.

 

Durante a presentación subliñouse tamén que Pontevedra é o único concurso de Galicia que está impulsado directamente pola Concellería de Turismo, sen patrocinios de marcas comerciais, polo que os participantes teñen total liberdade para presentar as súas propostas gastronómicas ou de cócteles.

 

Por outra banda, mantense a aposta pola promoción a través dos medios de comunicación, a blogosfera e as Redes Sociais. Así pasarán por Pontevedra case unha vintena de referentes da comunicación gastronómica na Internet, xunto con caras coñecidas da TVG e do mundo da cultura.

Visit Pontevedra