Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

O Congreso "Ponte a punto" abordará na súa terceira edición o Desenvolvemento Persoal 3.0

Carlota Román afirma que o evento é unha ferramenta útil, en época de crise, para combater o estrés e o desánimo laboral





O Desenvolvemento Persoal 3.0 será o eixe central da terceira edición do Congreso "Ponte a Punto", que volverá parar en Pontevedra durante a xornada do próximo sábado, 8 de novembro.

 

A cita foi presentada hoxe pola concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, e o organizador e responsable de Qualitas&Docensa, José Luis Bouzas. A oferta deste ano ten como obxectivo unha recuperación integral a nivel de corpo, mente e espírito.

 

Será unha xornada moi concentrada, en horario de mañá e tarde, con cinco relatores de prestixio, como Sergio Fernández (director do Máster de Emprendedores do Instituto Pensamiento Positivo), Javier Akerman-Alonso (psicólogo, teólogo, sexólogo e experto en medicina natural e ioga), Sandra Mesías Otero (experta en "couching" de equipos, experta en Márketing e en Habilidades Directivas), María José Moya Membiela (experta en Kinesiología, experta en dinámica de grupos, motivadora e fundadora da "Escuela Holística, salud y educación de las Raíces a las Alas") e, finalmente, Antonio Guimaraes (enxeñeiro químico reconvertido a "coach trainer" especializado en "Life Coaching" e "Executive Coaching", ademais de conferenciante habitual en materias de relacións humanas, excelencia persoal e organizacional).

 

Carlota Román subliñou que este tipo de congresos de motivación e desenvolvemento persoal son necesarios, especialmente nun escenario de crise e deterioro laboral como o que vivimos. "Ponte a Punto", engadiu, é unha ferramenta para combater o estrés e afrontar os retos nun mundo que, a cada día que pasa, é máis difícil de comprender.

 

José Luis Bouzas explicou o enfoque 3.0, centrado nos tres piares principais para ter unha vida equilibrada e plena: corpo, mente e espírito. Estas tres partes, que forman ao ser humano, trabállanse de xeito integral, buscando equilibrio emocional e  satisfacción persoal.

 

O Congreso conta co apoio da Concellería de Promoción Económica e a Oficina de Congresos de Pontevedra. Case 150 persoas participaron na edición do pasado ano e a organización confía en incrementar a cifra nesta edición ao ter concentrado as sesións en xornada única de sábado.

 

A inscrición das persoas interesadas poden facerse a través da web do congreso http://docensa.blogspot.com.es. Os prezos oscilan entre os 35 euros e os 65 euros en función das características dos participantes e das datas da reserva.

Visit Pontevedra