Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Terras de Pontevedra quere poñer os petroglifos da comarca no mercado turístico español e europeo

A mancomunidade saca a concurso a contratación de paquetes integrais e insta á súa asociación cos principais centros rupestres de Europa





A mancomunidade saca a concurso a contratación de paquetes integrais e insta á súa asociación cos principais centros rupestres de Europa

A elaboración de paquetes turísticos ao redor dos parques rupestres da comarca é o obxectivo da convocatoria que vén de organizar a mancomunidade turística Terras de Pontevedra, que engloba aos concellos de Pontevedra, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Vilaboa, Cotobade e Campo Lameiro.

A mancomunidade, que dirixe a concelleira de Turismo pontevedresa Carlota Román, quere que os paquetes inclúan ofertas de aloxamento e tamén propostas gastronómicas.

As empresas interesadas deberán imprimir un mínimo de 2.000 dípticos, difundir a información en portais de viaxes de ámbito nacional e organizar unha campaña de difusión en Redes Sociais, especialmente Twiter e Facebook, sen esquecer tampouco a difusión de imaxes a través de Pinterest e Instagram.

 

Finalmente, as propostas deberán introducir colaboracións cos principais centros de arte rupestre españois e, especificamente, con Atapuerca, Ekainberri e Teverga. Na proposta deben incluírse tamén as principais referencias rupestres de Francia, Gran Bretaña, Irlanda e Italia.

 

O importe do contrato é de 22.000 euros IVE incluído e as empresas disporán dun prazo de 15 días para entregar as súas propostas. A información legal está dispoñible no sitio web www.terrasdepontevedra.org. O prazo de presentación de ofertas no Rexistro Xeral do Concello de Pontevedra é 10 días.

 

Esta licitación vén reforzar o esforzo de planificación que está a desenvolver Terras de Pontevedra para o deseño dun produto consistente na "Creación, Promoción e Comercialización de Roteiros de Arte Rupestre como conxunto cultural", que xa está en marcha.

 

A concelleira de Turismo, Carlota Román, subliñou que nos dous casos optouse por dar a máxima publicidade á convocatoria, a pesar de tratarse de contratos menores, co obxectivo de garantir a pública concorrencia e tamén incentivar a máxima competencia e calidade nas ofertas que se reciban.

Visit Pontevedra