Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

O emprendemento toma as rúas de Pontevedra.

Os espazos públicos acollen a primeira edición da Pont Up Store. A praza da Ferrería ofrecerá mañá, sábado, un "maratón creativo





Algunhas das ideas máis innovadoras para a posta en marcha de novas empresas, ou o que é o mesmo, o fenómeno do Emprendemento, estarán nas rúas e prazas de Pontevedra durante toda esta fin de semana. A concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, inaugurou hoxe a Pont Up Store.

 

O acto comezou na fonte dos xardíns de Casto Sampedro e continuou cun percorrido polas 17 casetas de madeira distribuídas pola Ferrería, Curros Enríquez, Glorieta de Compostela, Benito Corbal, praza de San Xosé, Daniel de la Sota, Peregrina, Benito Corbal e Michelena. A responsable municipal estivo acompañada dos representantes da Deputación Provincial e da Universidade de Vigo, que xunto co Concello colaboran na Conferencia Ibérica de Emprendemento e nesta Pont Up Store. Tamén participaron representantes das asociacións empresariais.

 

A iniciativa, que segue a estela das "pop up stores", "pop up shops" o "temporary stores" británicas, baséase no márketing experiencial que conta cunha ampla tradición nos países anglosaxóns. As vistosas casetas repartidas pola cidade albergan a 24 iniciativas empresariais que teñen en común unha presenza no mercado inferior aos dous anos e un alto grao de singularidade na súa proposta empresarial.

 

Carlota Román recalcou que a idea era sacar o Congreso de Emprendemento fóra do auditorio de Afundación levando o espírito emprendedor ás propias rúas, co dobre obxectivo de dotar de oferta a fin de semana e aproveitar este evento congresual para facer promoción turística dunha cidade que, como Pontevedra, pode presumir de espazos peonís amplos e de calidade.

 

Pont Up Store utiliza como elemento sinaléctico decenas de paraugas brancos colocados en farois e mobiliario urbano. Os mesmos paraugas "disfrazáronse" de cisnes na fonte dos xardíns de Casto Sampedro como símbolo da transformación e crecemento que hai detrás de toda aventura empresarial.

 

A programación organizada pola Concellería de Promoción Económica complétase tamén mañá sábado co Maratón  Creativo, unha actividade aberta a todo o público interesado e destinada a liberar prexuízos e fomentar a imaxinación. Será na praza da Ferrería entre as 12 e as 14 horas. Tan só é preciso presentarse e participar.

Visit Pontevedra