Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Os espazos públicos de Pontevedra converteranse durante este fin de semana nunha feira de emprendedores ao aire libre coa realización de "Pont Up Store"

A actividade que impulsa a Concellaría de Promoción Económica introduce na cidade, as pops up stores, un modelo comercialización fugaz no sector minorista en alza en Europa




Presentación Pont Up Store: Carlota Román, Ana Isabel Vázquez, y Pedro Dorrego.

Os espazos públicos de Pontevedra converteranse durante esta fin de semana nunha feira do emprendemento na que poderán encontrarse as máis diversas e orixinais propostas de pequenas empresas que se teñen lanzado en Galicia durante os últimos meses.

 

A concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, presentou hoxe a Pont Up Store, a última iniciativa deste departamento municipal no marco da súa política de atraer todo tipo de eventos feirais, empresariais e congresuais á cidade de Pontevedra. No acto estivo acompañado pola vicepresidenta da Deputación, Ana Isabel Vázquez, e do profesor da Universidade de Vigo Pedro Dorrego, pois a Pont Up Store é unha actividade paralela da Conferencia Ibérica de Emprendemento, impulsada dende a Deputación.

 

Carlota Román explicou que as "pop up stores", "pop up shops" o "temporary stores" son distintas variantes de comercialización fugaz no sector minorista. Son espazos de venda, ás veces dun só día, moi populares nos países anglosaxóns. Estas tendas temporais permiten ter presenza en espazos emblemáticos e, ás veces, ofrecer "marketing experiencial" para fidelizar clientes ou descubrir novos mercados. En ocasións utilízanse para campañas tan concretas como Nadal, volta ao cole ou campaña de vacacións.

 


A Pontevedra chega esta experiencia en formato de feira do emprendemento galego e pontevedrés. Case unha vintena de casetas de madeira esparexeranse polo Centro Histórico, con presenza acusada nas prazas e epicentro no entorno da Ferrería. A "Pont Up Store" abrirá as súas portas o venres, 24, e pechará a última hora do domingo, 26. Nestas casetas albergaranse un total de 30 novos empresarios que están a poñer en marcha iniciativas empresariais innovadoras.

 

Carlota Román subliñou que a experiencia dotará de cor á cidade durante toda a fin de semana e mostrará aos empresarios locais e galegos novas formas de negocio que apostan por xeitos distintos de relacionarse co consumidor.


A responsable municipal en materia de Promoción Económica, Emprego e Turismo lembrou que a "Pont Up Store" forma parte da intensa campaña que o seu departamento está a desenvolver neste último cuatrimestre do ano, no que ten programadas 14 actividades diferentes ata concluír o ano coa Feira de Doces de Convento e a campaña de impulso ás vendas comerciais PonteNadal.

 

A "Pont Up Store" contará cunha xornada formativa complementaria baixo o epígrafe "Maratón creativo". Consistirá nunha actividade aberta ao público con actividades para desenvolver as destrezas cognitivas, espaciais, manuais e gráficas. A cita é na Casada Luz o sábado, 25 de outubro de 11 a 14 horas.


Finalmente, aplaudiu a valentía dos emprendedores que seguen a impulsar ideas empresariais como os que ocuparán as prazas do Centro Histórico durante esta fin de semana.

RELACION DE PARTICIPANTES


A relación de participantes na actividade é a seguinte:

Taller Abierto (cultura, animación cultural), Freesyweet (axencia junior de publicidade e arte), Booksandparty (comunidade virtual universitaria), La Parisienne (venda e distribución ambulante de café de alta calidade), Leledacuca (deseño, fabricación e distribución de produtos de decoración fabricados con materiais antigos), Cucamanduca (distribución de alimentos delicatessen), Vidahora (plataforma de saúde no traballo), Innova paisajes (creación de paisaxes innovadores), Les Siamoises (invitacións personalizadas artísticas), O botafumeiro (revista satírica dixital), Nosaenerxía (comercialización de enerxía verde), Creappcuentos (app educativa e cultural), Artexanamondi (cosmética natural artesana), Galo celta (cría e distribución de galo galego), Econene (venda on e off line de roupa usada de nenos e bebés), Tus ideas en cuero (artesanía), A tenda da gata (consumo responsable, produto local, economía sustentable, cattering de produtos locais, turismo responsable), Luffa (produción e distribución de esponxas vexetais), Micaton (desenvolvemento, produción e venda de suxeita parafusos profesional), Horta Agrelo (finca agroecolóxica e de educación ambiental), Actúa sostenible (relacionado con Horta Agrelo), Ipress clothes (percha prancha), Ptit&Co (xoiería e bisutería), Mueve tu vida (exercicio para xente con patoloxías), Bienbonito (deseño de uniformidade corporativa), Fixed&Single (venda e restauración de bicicletas antigas e clásicas), Terapia animal (terapia contra a exclusión social), Ponte jabón (xabróns personalizados), Talentoeventos.com (montaxe  de eventos), O tendal (servizos de posicionamento para cooperativas) e La lata muda (organización de eventos artísticos).

 

Visit Pontevedra