Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Convocatoria pública da mancomunidade Terras de Pontevedra para o deseño dun produto turísitico para a "Creación, Promoción e Comercialización de Roteiros de Arte Rupestre como conxunto cultural"

Garantir a máxima transparencia e dar acceso a todas as empresas interesadas é obxectivo dunha convocatoria pública que vén de lanzar a mancomunidade turística Terras de Pontevedra





As empresas interesadas disporán dun prazo de sete días hábiles para presentar ofertas dende a publicación na web da mancomunidade (www.terrasdepontevedra.org). As ofertas deben entregarse na Secretaría da Mancomunidade, situada na Secretaría Xeral do Concello de Pontevedra (rúa de Michelena, 30, primeiro andar).

O prezo do contrato é de 21.000 euros, IVE incluído, e o prazo de execución, dun mes. A adxudicación será ao prezo máis baixo, aínda que se a rebaixa supera o 10% pediranse xustificación da viabilidade da oferta ao licitador. As bases da convocatoria deben consultarse na  web.

O obxectivo é crear roteiros de arte rupestre que inclúan o Parque de Campo Lameiro e as áreas arqueolóxicas da Caeira (Poio), Mogor (Marín) e Tourón (Ponte Caldelas), así como outros vestixios do resto de concellos da mancomunidade. Deberán promocionarse entre os colectivos de persoas maiores e escolares, así como persoas con mobilidade reducida. A proposta debe deseñar visitas guiadas e obradoiros e realizar unha campaña de difusión entre medios de toda España. Finalmente, deberá incluír unha proposta de transporte estable dende a cidade de Pontevedra que enlace cos distintos puntos de interese.

 

A concelleira de Turismo, Carlota Román, subliñou que optouse por dar a máxima publicidade á convocatoria, a pesar de tratarse dun contrato menor, para garantir a pública concorrencia e tamén incentivar a máxima competencia e calidade nas ofertas que se reciban.

A Mancomunidade Terras de Pontevedra agrupa aos concellos de Pontevedra, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Vilaboa, Cotobade e Campo Lameiro.

Visit Pontevedra