Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

A Comisión Delegada de Turismo do Eixo Atlántico valora positivamente os resultados alcanzados por Expocidades en Pontevedra

As preto de 10.000 persoas que pasaron pola última edición da feira tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man a oferta turística da eurorexión





A Comisión Delegada de Turismo do Eixo Atlántico, reunida na localidade portuguesa de Macedo de Cavaleiros, fixo unha avaliación moi positiva da última edición da feira do turismo Expocidades, celebrada o pasado mes de xullo en Pontevedra. A concelleira Carlota Román, presente na xuntanza, agradeceu estes comentarios e amosou o seu acordo coa liña de traballo que representa Expocidades, como forma de promocionar o turismo de proximidade entre a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.



As preto de 10.000 persoas que pasaron pola última edición da feira tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man a oferta turística que os 27 municipios galegos e cámaras portuguesas poñen a disposición dunha poboación de sete millóns de habitantes. E que, a pesar desta proximidade, é en gran medida descoñecida.



A Comisión Delegada tamén tomou o acordo de asignar a organización das edicións de 2015 e 2016 a Viana do Castelo e Bragança, co obxectivo de continuar crecendo e potenciando un evento chamado a un protagonismo cada vez maior no mapa feiral do Noroeste da Península.



Finalmente, o órgano acordou iniciar a redacción dun Plan de Actuacións para a promoción dos Camiños de Santiago, un dos seus principais atractivos turísticos. O obxectivo é que o Plan estea listo para optar aos fondos europeos do período 2016-2020 e telo desenvolto antes do Ano Santo 2021.
 

Visit Pontevedra