Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

A afluencia á rede turística municipal incrementouse un 40% durante o mes de setembro

O peche da temporada de verán acadou moi boas cifras, especialmente no que atinxe ao turismo estranxeiro, que sobe un 57%





Carlota Román explica os datos a partir da actividade do Concello para traer xente á cidade e non coa suposta recuperación económicaO mes de setembro volveu deixar un bo dato de afluencia á rede municipal de información turística cun total de 11.004 visitantes. Péchase así un verán moi satisfactorio. Despois das subas do 17% en xullo e do 24% rexistrada o pasado mes de agosto, o crecemento do mes de setembro ao respecto do ano anterior chegou ao 40%. Así o reflicten as estatísticas recollidas pola Concellería de Promoción Económica, Emprego e Turismo.

 

A concelleira, Carlota Román, aclara que ao sumar os tres meses da temporada obtense o dato de 46.490 persoas que pasaron polos puntos de información municipais da Capital das Rías Baixas. Obviamente, engade, agosto é o que maior peso tivo con case a metade do total, pero os resultados deste setembro son só lixeiramente inferiores aos do mes de xullo. A conclusión é, por tanto, moi satisfactoria, conclúe a concelleira.

 

A responsable municipal conclúe que a organización de eventos como a Feira Franca, a sucesión de campionatos deportivos en varias fins de semana e a chegada de feiras e congresos como a pasarela PONMO ou o certame de Perruquería e Estética ExpoBeauty explican tamén estes bos resultados ao peche do mes de setembro. Especialmente satisfeita está dos resultados deste último certame que encheu cando menos cinco hoteis da cidade durante a última fin de semana do mes, contribuíndo así a esta progresiva desestacionalización. Hai que engadir tamén a campaña de captación de cruceiristas que se fixo no porto de Vigo.

 

Carlota Román recalca que o papel do Concello como dinamizador da actividade turística, cultural, deportiva e feiral explica boa parte dos bos datos de setembro, que, ao seu xuízo, nada teñen que ver cunha suposta recuperación económica que, de feito, non existe.

 

Dos 11.004 visitantes que pasaron pola Casa da Luz e as casetas da praza de España e Eduardo Pondal-Vialia ao longo de setembro, predominaron, como é habitual, os turistas nacionais cunha cota do 73%; os estranxeiros acadaron o 26% restante. A suba de visitantes apreciouse de xeito uniforme nos tres puntos de información.

 

Un dos datos máis significativos é o avance do turismo internacional que, se ben segue a ser minoritario, rexistrou un importante avance con respecto ao pasado ano (cun crecemento relativo do 57%). De feito, engade Carlota Román, a porcentaxe dun 26% de estranxeiros sobre o total é o máis elevada do ano.

 

Ao analizar os datos, a Concellería de Turismo destaca a estabilidade dos patróns no turismo nacional, que segue encabezado polos andaluces, madrileños e valencianos. No que atinxe á procedencia do turismo internacional tampouco se aprecian cambios, pois o cadro aparece dominado polos portugueses, seguidos polos alemáns e británicos.

 

En canto ao lugar e tipo de aloxamento elixido volve predominar a propia cidade de Pontevedra. Un 28% dos turistas (cinco puntos máis que durante o pasado mes de agosto) dixeron durmir na capital da provincia, consolidando así unha tendencia establecida xa durante os últimos anos. O 22% proviña de Sanxenxo; un 12% da zona Norte da Provincia; outro 10% da zona Sur da provincia e un 8% foron os chegados dende Grove-A Toxa. Outro dato relevante é que só un 0,58% eran excursionistas chegados en autobús. De todos eles, o 76% durmía en hotel, un 12% en albergues , un 4% en domicilios particulares e outro 3% en vivendas alugadas.

 

O turismo familiar segue tamén a ser protagonista. O turista tipo está entre os 46 e os 60 anos e chega á cidade con nenos. Un 93% non coñecía Pontevedra e a impresión global foi moi positiva, especialmente tras a visita ao Centro Histórico. O 39% chegou a Pontevedra en coche (case a metade do que reflectían as estatísticas de agosto) e o 20% en avión.

 

No que atinxe ás visitas guiadas, que a Concellería de Turismo continuou ofertando durante todo o mes de setembro, rexistrouse a participación de 172 persoas, o que supón un incremento de 39 con respecto ao ano anterior. Non só turistas nacionais fixeron as visitas guiadas, tamén internacionais como xente de Colombia, británicos ou portugueses. Tamén participaron cidadáns de Pontevedra.

Visit Pontevedra