Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

A partir de mañá con ExpoBeauty e o Congreso Galicia Look & Fashion, Pontevedra acolle a Vangarda internacional da estética, o peiteado e a beleza.

A superficie de exposición está completa, con firmas chegadas de Francia, Italia, Portugal, China e Paquistán e inclúe a celebración do certame nacional de Uñas e a Gala Gala Final MISS WORLD SPAIN.





Por segundo ano consecutivo, celebrarase o Salón Feiral ExpoBeauty e o Congreso Galicia Look & Fashion que terán lugar no Recinto Feiral de Pontevedra os a partir de mañá os días 27, 28 e 29 de setembro de 2014, eventos avalados pola Federación de Empresarios de Asociacións de Peiteado e Estética de Galicia co fin de fomentar a innovación e a calidade profesional, mellorar a xestión empresarial e a competitividade, aumentar a produción e rendibilidade das empresas de Peiteado e Estética, e a creación de emprego.



O obxectivo desta 2º edición é posicionar ambos os dous eventos como referentes para o sector na zona noroeste de España. Para iso programáronse espectáculos demostrativos de alto impacto realizados por recoñecidos profesionais do sector e avalados por grandes marcas internacionais que nos traerán (algúns en primicia) as súas últimas coleccións vangardistas e as últimas tendencias en imaxe persoal.



CAMPIONATO DE UÑAS PROFESIONAL EN XEL E ACRÍLICO.

 

Único Campionato de Uñas profesional en xel e acrílico que existe en Galicia e que levará ás finalistas a participar no Campionato Nacional de Uñas que se celebrará en febreiro de 2015 en Barcelona e polo que logo se poderá optar ao Campionato Mundial de Uñas, no que as gañadoras da categoría Máster en manicura francesa, tanto en acrílico coma en xel, serán invitadas como representantes españolas no International Nail Championship que terá lugar en Düsseldorf en marzo de 2015.

  • Sábado 27 de setembro.
  • A partir das 10.00 horas.



GALA SELECCION "MISS WORLD SPAIN" 2015.


Gala de selección de candidatas que se presenten por Galicia a "Miss World Spain" de 2015 (antes Miss España) co que se engadirá un importante valor extra a dous eventos totalmente envorcados cos profesionais da beleza persoal.



"EXPOBEAUTY":


O Salón Feiral da beleza, a imaxe e a moda será un grande escaparate de máis de 5.000 m2 para que expositores de prestixiosas marcas nacionais e internacionais mostren os profesionais do sector, todas as súas novidades, adiantos e as últimas tendencias.

Dispoñerase dun escenario "non-stop" para realizar demostracións, conferencias formativas, presentacións de produto, ou espectáculos en vivo. Recinto Feiral de Pontevedra.

  • 27, 28 e 29 de Setembro de 2014.
  • Inauguración: Sábado 27, 11.00 horas.



"GALICIA LOOK & FASHION":


El Congreso de Peiteado e Estética celebrarase paralelamente ao Salón Feiral ExpoBeauty os días 27 e 28 de setembro. Ao igual que o ano pasado, a este congreso invitaremos importantes profesionais de recoñecido prestixio internacional no mundo do Peiteado e Estética, que poderán facilitarnos unha visión máis ampla sobre novas técnicas de traballo e últimas tendencias en imaxe persoal e moda.
 

Visit Pontevedra