Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

O desfile dos comerciantes da rúa de Rosalía de Castro abre a programación de PONMO

Será o, xoves, ás 18.30 horas e participan as tendas Best Two, QUOMO, Mepiachi, Isabelle, Daniela e Ópticas Revenga






Todo listo para o comezo de PONMO (Pontevedra Moda), o evento que encherá de cor as rúas de Pontevedra. O primeiro evento será o desfile do comercio local, que volve celebrarse no tramo peonil da rúa de Rosalía de Castro coa coordinación de asociación do empresariado pontevedrés, Aempe. Será mañá, xoves, a partir das 18.30 horas.

 

Este primeiro evento, que será inaugurado pola concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, contará coa participación dalgúns dos establecementos máis significados da zona, como son Best Two, zapatería Daniela, QUOMO, Mepiachi, Isabelle e Ópticas Revenga, que presentarán as súas propostas para a temporada de outono-inverno.

 


O venres, día 26,  a partir das 21.00 horas celébrase o Certame Mara Martín PONMONOVO. 

Sobre o escenario do Liceo Casino (sede da rúa de Manuel Quiroga) se presentarán as creacións de 10 novos deseñadores. As súas coleccións foron seleccionadas entre as máis de 80 propostas enviadas dende todos os puntos de España.
Pedro Covelo, Alejandra Lorenzo, Laura Bassadre, María González Cid, Gloria Ledo, Erase que se era, Sara Vigo, Tania López, Miguel Olarte e Carlos Pinilla competirán por facerse co premio a mellor colección (dotado con 900 euros) e mellor estilismo (dotado con 200 euros). Esta edición de PONMONOVO volve contar co patrocinio do viño Mara Martín de Bodegas Martín Códax.



O sábado 27 de setembro chegará o prato central da Pasarela PONMO.

Será a quenda das firmas consagradas. Os creadores galegos María de Janza Atelier, LIVLOV e ALALÁ Alta Costura, acompañados da firma de complementos Urban Vicart, presentarán as súas últimas coleccións e estarán acompañados da deseñadora italiana Sonia Giordani e do padriño desta edición ION FIZ. Será ás 21.00 horas na Praza da Peregrina, aproveitando tamén o adro da igrexa como plataforma para a circulación dos modelos. O condicionante para manter tan privilexiado escenario será o tempo. Só en caso de previsión de choiva trasladarase, con previo aviso, ás instalacións do Liceo Casino, na rúa de Manuel Quiroga.

 


O certame inclúe tamén a "Fly Store", un "showroom" de creadores emerxentes, no edificio Olmedo onde todas as persoas que se acheguen poderán coñecer de primeira man e adquirir os produtos das máis de 20 firmas participantes. A "Fly Store" inaugurarase o venres 26 e permanecerá aberta ata o sábado 27 de setembro en horario de 11.00 a 20.00 horas. Alí poderá visitarse unha exposición de vestidos de noivas "vintage" da colección privada do deseñador e profesor de vestiario da ESAD (Escola de Arte Dramática de Vigo) Carlos Pinilla. Neste mesmo espazo ofreceranse unha serie de talleres e conferencias que virán completar o programa de actividades.

Visit Pontevedra