Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Pontevedra colabora coa Axencia de Turismo de Galicia para promocionar Pontedetapas en Barcelona

A concelleira pontevedresa Carlota Román e o cociñeiro Iñaki Bretal serán os representantes do concurso de tapas neste acto





A Concellería de Turismo de Pontevedra e a Axencia de Turismo da Xunta de Galicia colaboran para promocionar o certame PontedeTapas nun acto que se celebrará en Barcelona o próximo martes. O evento, no que tamén participarán representantes dos concursos de tapas de Ferrol e Santiago, celebrarase este martes na terraza do restaurante Alegra (área comercial Mare Magnum) a partir das 12.00 horas e foron invitados xornalistas especializados e en gastronomía  e turismo de toda Cataluña. A presentación estará a cargo da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

 

A concelleira pontevedresa Carlota Román e o cociñeiro Iñaki Bretal serán os representantes de Pontevedra neste acto, no que a responsable municipal de Turismo tomará a palabra para explicar os inicios e a situación actual de PontedeTapas na cidade, transcurridos xa seis anos dende o comezo desta iniciativa.

 

Román destacará que o que foi concibido inicialmente para reforzar a programación turística da cidade en períodos de baixa ocupación, como é o caso da ponte da Inmaculada e a Constitución a principios de decembro, acabou convertido nun evento que dinamizou o propio sector hosteleiro, ata o punto de que hoxe Pontevedra vive unha "explosión hosteleira dedicada á pequena gastronomía".

 

A concelleira falará das máis de 40.000 tapas que se venden en cada edición do concurso pon-tevedrés, do seu poder de atracción e da importancia crecente que acadou entre o empresaria-do local, que o considera xa unha cita ineludible. Ademais, fará referencia ao papel pioneiro de Pontevedra na introdución do PontedeTapas nas redes sociais, na utilización de personaxes do mundo audiovisual para a súa promoción e á organización dunha gala de peche na que os finalistas elaboran as súas tapas en directo e o xurado dá a coñecer os gañadores en directo.

 

Precisamente, Iñaki Bretal (Eirado da Leña), vencedor na última edición elaborará a tapa coa que conquistou ao xurado durante a gala celebrada no Centro Sociocultural da Fundación Abanca.

 

Carlota Román aplaudiu a estratexia de Turismo de Galicia para contar cos concellos para organizar actos conxuntos e sumar esforzos que serven para promocionar non só a Galicia, senón tamén ás cidades. Esta liña de traballo, baseada en xuntar forzas e aproveitar o traballo que se fai dende os concellos, contará sempre co apoio da Concellería de Turismo de Pontevedra, destacou.

 

Román destacou que Pontevedra conta cun Plan Estratéxico de Turismo que aposta por todo tipo de actos en cidades situadas a menos de dúas horas de avión, polo que sumouse inmedia-tamente á proposta realizada pola Axencia Galega.

Visit Pontevedra