Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

PONMO 2014 ábrese á cidade e programa o seu desfile central na praza da Peregrina

O deseñador ION FIZ, un habitual da Mercedes Fashion Week Madrid, será o padriño e María de Janza Atelier, LIVLOV, ALALÁ Alta Costura & Urban Vicart y Sonia Giordani presentan os seus traballos na pasarela pontevedresa





A concelleira de Promoción Económica, Emprego e Turismo, Carlota Román,  presentou esta mañá na Casa da Luz a programación da edición 2014 de PONMO (Pontevedra Moda), que se celebrará durante os días 26 e 27 de setembro e que este ano chega coa novidade principal de trasladar todas as súas actividades ao centro da cidade e o desfile central á praza da Peregrina.

 

PONMO contará cun padriño de excepción. O deseñador guipuzcoano ION FIZ, habitual da Mercedes Fashion Week Madrid, traerá á pasarela PONMO a súa última colección "Aftersun" para a primavera/verán 2015 e actuará como presidente do xurado do certame de novos deseñadores Mara Martín PONMONOVO.

 

Carlota Román fixo fincapé en que esta edición de PONMO quere abrirse a todos os pontevedreses para facelos partícipes dun evento que traerá as últimas tendencias de moda a Pontevedra. Ademais recalcou que todas as actividades de PONMO son de carácter gratuíto co obxectivo de favorecer a participación da cidadanía. O desfile central terá como escenario (agás en caso de choiva a praza da Peregrina). Cúmprese así, recalcou, un compromiso xurdido xa na primeira edición de abrir o evento e facilitar o acceso a todo o público interesado, algo que resultaba imposible na anterior sede do Recinto Feiral polo límite da capacidade.

 

O certame ábrese o venres, día 26,  a partir das 21.00 horas co Certame Mara Martín PONMONOVO.  Sobre o escenario do Liceo Casino (sede da rúa de Manuel Quiroga) se presentarán as creacións de 10 novos deseñadores. As súas coleccións foron seleccionadas entre as máis de 80 propostas enviadas dende todos os puntos de España.

 

Pedro Covelo, Alejandra Lorenzo, Laura Bassadre, María González Cid, Gloria Ledo, Erase que se era, Sara Vigo, Tania López, Miguel Olarte e Carlos Pinilla competirán por facerse co premio a mellor colección (dotado con 900 euros) e mellor estilismo (dotado con 200 euros). Esta edición de PONMONOVO volve contar co patrocinio do viño Mara Martín de Bodegas Martín Códax. A responsable de Comunicación das adegas, Yara Bueno, destacou o compromiso cos proxectos culturais galegos e agradeceu a oportunidade de poder participar nunha proposta "fresca" como a pasarela pontevedresa.

 

O deseñador pontevedrés Javier Barrio será a firma invitada para pechar esta segunda edición do certame, que contará tamén coa presenza da cantautora pontevedresa Fátima Atlántica, que estará vestida por Mónica Guillán, gañadora de PONMONOVO 2013.

 

Como novidade nesta edición, PONMONOVO servirá tamén como plataforma de lanzamento de modelos noveles a través da iniciativa PONMO Revela. Os modelos participantes nesta pasarela poderán converterse na imaxe da nova campaña da firma ALALÁ Alta Costura. Doutra banda, a revista de tendencias Be.WOOP Mag (http://bewoopmag.com) elixirá unha nova cara dos modelos participantes no evento para unha editorial de moda que sairá no segundo número xunto á mellor colección de PONMONOVO.

 

O sábado 27 de setembro chegará o prato central da Pasarela PONMO. Será a quenda das firmas consagradas. Os creadores galegos María de Janza Atelier, LIVLOV e ALALÁ Alta Costura, acompañados da firma de complementos Urban Vicart, presentarán as súas últimas coleccións e estarán acompañados da deseñadora italiana Sonia Giordani e do padriño desta edición ION FIZ.  O desfile contará coa actuación do músico pontevedrés Marcelo Dobode que representará unha versión moi especial do clásico "O violinista no tellado".

 

Será ás 21.00 horas na Praza da Peregrina, aproveitando tamén o adro da igrexa como plataforma para a circulación dos modelos. O condicionante para manter tan privilexiado escenario será o tempo. Só en caso de previsión de choiva trasladarase, con previo aviso, ás instalacións do Liceo Casino, na rúa de Manuel Quiroga.

 

Un ano máis, PONMO contará con actividades paralelas. Destaca a "Fly Store", un "showroom" de creadores emerxentes, no edificio Olmedo onde todas as persoas que se acheguen poderán coñecer de primeira man e adquirir os produtos das máis de 20 firmas participantes. A "Fly Store" inaugurarase o venres 26 e permanecerá aberta ata o sábado 27 de setembro en horario de 11.00 a 20.00 horas. Alí poderá visitarse unha exposición de vestidos de noivas "vintage" da colección privada do deseñador e profesor de vestiario da ESAD (Escola de Arte Dramática de Vigo) Carlos Pinilla. Neste mesmo espazo ofreceranse unha serie de talleres e conferencias que virán completar o programa de actividades.

 

O comercio local tamén terá protagonismo propio dentro de PONMO 2014, xa que será o encargado de dar o pistoletazo de saída a tarde do xoves 25 de setembro ás 18.30 horas cun desfile na rúa Rosalía de Castro organizado coa colaboración de AEMPE (Asociación de Empresarios da Pequena e Mediana Empresa de Pontevedra) e no que participarán varios establecementos comerciais da zona.

 

Finalmente, Carlota Román destacou o carácter solidario que este ano se concreta coa colaboración con ASSEII (Asociación Socio Sanitaria Educativa Inflamatoria Intestinal), que contará cun espazo na "Fly Store" para facer visible a súa actividade, ademais de colaborar en varias accións sobre a pasarela.

Visit Pontevedra