Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

A Concellería de Promoción Económica organiza ou patrocina 14 eventos ata o remate do ano

Carlota Román presenta a programación á Mesa Local de Comercio e sinala que unha subvención permitirá mellorar a cuberta da Praza de Abastos





 Un total de 14 eventos de distinto formato e todos eles deseñados para atraer público a Pontevedra ou para dinamizar o sector comercial foron presentados hoxe pola concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, aos integrantes da Mesa Local de Comercio.

A responsable municipal indicou que o seu departamento ten realizado un importante esforzo de programación para poder encaixar toda esta actividade no calendario. O programa comeza coa entrega dos premios do Concurso de Decoración de Fachadas e Balcóns, pero continuará coa celebración da campaña comercial "As compras na túa vila teñen premio", en colaboración coa Federación Galega de Comercio.

 

A continuación chegarán as pasarelas Pontevedra Moda (PONMO) e o Congreso Expobeauty xunto co Congreso Galicia Look & Fashion, dedicados ao sector de Perruquería e Estética. A Concellería traballa tamén nun Congreso dirixido ao sector audiovisual e na Conferencia Iberoamericana de Emprendemento, programada para finais de outubro. Un dos eventos singulares será outra campaña comercial centrada no concepto das "Pop Up Stores". Xa entrados en novembro chegarán as Xornadas de Psicoloxía e Saúde, o Congreso de Crecemento Persoal Ponte a Punto, o Foro Unirrede (centrado nas novas tecnoloxías e a comunicación 2.0). Na recta final do ano convocarase unha nova edición do concurso PontedeTapas e a Feira de Doces de Convento.

O ano pecharase, como sempre, coa actividade de dinamización comercial Ponte Nadal, coa que se pretenden impulsar as compras de Fin de Ano e Reis, e a feira de Artesanía. Por outra banda, a Concellería de Promoción Económica informou da concesión dunha subvención por parte da Consellería de Economía e Facenda para a reparación e selado da cuberta de cristal da Praza de Abastos. As obras incluirán tamén a reparación e substitución dos estores automáticos do teito acristalado.

 

O importe total é de 40.348,45 euros, dos que a subvención procedente dos Fondos Europeos ao Desenvolvemento (FEDER Galicia 2007-2013), cobre o 75%, é dicir, 30.261,34 euros. Xa están realizados os arranxos na cuberta e tan só falta a substitución dos estores. Por outra banda, este tipo de subvencións levan aparellada a realización de actividades de formación para os concesionarios da Praza de Abastos.

 

 A Concellería de Promoción Económica programou dúas xornadas, a celebrar os luns 29 de setembro e 6 de outubro na Casa da Luz. O temario abrangue temas como a Atención ao Cliente, a Imaxe dos postos, a promoción das vendas, utilización de elementos comúns, accións conxuntas e servizos adicionais a ofrecer á clientela. Carlota Román lembrou que as xornadas están tamén abertas aos usuarios de todos os mercados municipais e trasladou especialmente a invitación aos comerciantes do Mercado das galerías de Frei Xoán de Navarrete. 

 

A Mesa Local de Comercio é o órgano colexiado asesor da política municipal nesta materia e unha obriga derivada da Lei de Comercio de Galicia. Está constituída por 18 membros entre os que figuran os grupos políticos e os técnicos municipais, un representante da Xunta de Galicia e representantes da Asociación de Empresarios da Pequena e Mediana Empresa (Aempe), Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE), Centro Comercial Urbano Zona Monumental, Asociación de Profesionais da Praza de Abastos, Asociación de Usuarios da Praza de Abastos, Asociación Provincial de Amas de Casa e Consumidores Rías Baixas, Federación Provincial de Comercio e Cámara de Comercio. Recentemente incorporouse o Centro Comercial Galerías da Oliva.

Visit Pontevedra