Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

O xurado do concurso de balcóns realizou a última rolda de valoración das 140 propostas presentadas

O fallo anunciarase durante os próximos días





O xurado cualificador da primeira edición do Concurso de Decoración de Fachadas e Balcóns no Centro Histórico de Pontevedra realizou hoxe a segunda e última visita de valoración das 140 propostas estéticas realizadas polos veciños que se teñen inscrito nesta iniciativa da Concellería de Promoción Económica, Emprego e Turismo.

 

A comitiva, presidida pola concelleira Carlota Román, estivo integrada polo xefe do servizo municipal de Xardíns, Manuel Fontán, e os representantes das asociacións de veciños Santa María e San Bartolomé, xunto coa xerente do Centro Comercial Urbano Zona Monumental, Mónica Tomé.

 

O xurado, que valora a calidade de cada unha das propostas, xa fixo a primeira rolda o pasado mes de xullo. Nos próximos días dará a coñecer o fallo polo que se anunciarán os tres gañadores dos premios de 600, 400 e 300 euros, respectivamente.

 

Carlota Román agradeceu o esforzo de todos os participantes, con independencia do resultado estético acadado por cada quen. Destacou que trátase dunha iniciativa pensada para enxalzar o atractivo turístico do Centro Histórico, pero que tamén ten unha compoñente de autoestima para os propios pontevedreses.

 

Á convocatoria sumáronse tamén, fóra de concurso, dez institucións, entre as que están o Consello Regulador das Rías Baixas, o colexio San Xosé, o Arquivo da Deputación, a Delegación do Ministerio de Economía e Facenda, a Casa das Campás (Uvigo), a empresa pública de servizos agrarios da Xunta (Seaga), UXT e o Casino Mercantil e Industrial.

Visit Pontevedra