Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

A feira de Perruquería e Estética chega a súa segunda edición como referente para todo o Noroeste peninsular.

"ExpoBeauty" e o congreso "Galicia Look & Fashion" aspiran a captar máis de 6.000 profesionais e 10.000 visitantes en tres días.





O Salón Feiral "ExpoBeauty" e o Congreso de Perruquería e Estética "Galicia Look & Fashion" celebran a súa segunda edición durante os días 27, 28 e 29 de setembro próximos. O evento, que chega á súa edición, conta co patrocinio da Concellería de Promoción Económica e o apoio da Federación de Empresarios de Asociacións de Perruquería e Estética de Galicia.


A concelleira Carlota Román e o director xerente da empresa organizadora Docensa Qualitas, José Luis Bouzas, presentaron hoxe unha iniciativa que converte a Pontevedra na referencia sectorial para todo o Noroeste peninsular e pretende introducir á cidade no circuíto de feiras desta especialidade, actualmente reducido a Madrid, Barcelona, Bilbao, Sevilla e Alicante.


Carlota Román subliñou a fortaleza feiral de Pontevedra, que este ano acolle 14 eventos encadrados no turismo de negocios e está a xerar un importante movemento económico para a cidade. De feito, "ExpoBeauty" aspira a incrementar as cifras de visitas do ano pasado, cando acadou uns 6.000 profesionais e 10.000 visitantes. A listaxe de hoteis da cidade xa está distribuída entre todos os expositores e profesionais participantes na feira e no congreso.


A concelleira felicitou á empresa organizadora e ás asociacións do sector por ter apostado por Pontevedra e desexou que esta iniciativa se consolide definitivamente na cidade, referenciándoa nun sector tradicionalmente moi activo e xerador de emprego, mesmo en tempos de crise.


José Luis Bouzas destacou que non é fácil organizar unha feira destas características, que inclúe especificacións técnicas cada vez máis complexas para dar cobertura ás necesidades das empresas participantes. Na súa opinión, o futuro deste certame pasa por atraer ás marcas máis importantes e organizar tamén actividades que dean espectáculo coa presenza de estilistas e profesionais de prestixio.



Un dos "shows" máis destacados será o Campionato de Unllas profesional en xel e acrílico, único en Galicia. Os finalistas obterán o dereito a participar no Campionato Nacional de Uñas que se celebrará en febreiro de 2015 en Barcelona, á súa vez valedeiro para clasificarse no Campionato Internacional. Paralelamente, "ExpoBeauty" acollerá a gala de selección de candidatos e candidatas que representen a Galicia en "Miss World Spain" de 2015.


O Salón Feiral, que experimentará un importante crecemento nesta segunda edición, contará coa presenza das principais marcas nacionais e tamén varias internacionais. Ocupará unha superficie superior aos 5.000 metros cadrados e incluirá un escenario "non stop" para realizar demostracións, conferencias, presentacións e diversas actuacións.


No que atinxe ao Congreso "Galicia Look & Fashion", que se cingue aos días 27 e 28 de setembro, contará coa participación de relatores de coñecido prestixio internacional no mundo dos salóns de Peiteado e Estética.

Máis información en www.galicialook.com.
 

Visit Pontevedra