Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Pontevedra captará turistas ao pé dos cruceiros que arriban ao porto de Vigo

A Concellería de Turismo desenvolverá a campaña durante todo o mes de setembro





A empresa municipal Turismo de Pontevedra, dependente da Concellería de Turismo, comezou onte unha campaña de captación de turistas de cruceiro no porto de Vigo que se vai desenvolver durante todo o mes de setembro.

 

Neste mes o porto de cruceiros de Vigo espera batir records e moverá tantos pasajeros como todo o ano pasado o o porto de Oporto-Leixoes. Segundo os datos de las consignatarias e da Autoridade Portuaria, pasarán durante septiembre uns 56.000 cruceristas e cando menos outros  20.000 tripulantes.

 

A concelleira Carlota Román explicou que durante este mes cerca  de 20 cruceiros farán escala na rada olívica e agárdase a chegada de numerosas persoas, entre pasaxe e tripulación, polo que estimouse a oportunidade de iniciar unha acción específica co obxectivo de atraer parte deste público potencial cara a cidade de Pontevedra, como capital das Rías Baixas.

 

Seguindo a liña iniciada o ano pasado, a campaña incidirá na comunicación por tren entre as cidades de Vigo e Pontevedra, a escasa distancia e a beleza do traxecto, no que se pode gozar das vistas sobre a ría viguesa e tamén do entorno da capital da provincia.

Dúas informadoras turísticas son as responsables do desenvolvemento da campaña, que consistirá no reparto a pé de buque de folletos e todo tipo de información, especialmente á que atinxe aos horarios das conexións ferroviarias e a oferta turística dispoñible a través da Casa da Luz, para tratar de incentivar aos cruceiristas para pasar o día ou parte del na cidade de Pontevedra.

Carlota Román destaca que durante este mes agárdase a chegada de cruceiros como o MS Opera (na foto) ou o monumental Oasis of the Seas, de Royal Caribean. Un cruceiro de 362 metros de eslora e 100.000 toneladas , considerado o maior do mundo con 16 cubertas e capacidade para 2.394 tripulantes e 6.360 pasaxeiros

Visit Pontevedra