Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Pontevedra terá unha rúa na localidade portuguesa de Penafiel

Carlota Román participará nos actos conmemorativos dentro da feira 35 Feira Agrícola Vale de Sousa (Agrival)





A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Carlota Román, participa no Día de Pontevedra dentro da 35 Feira Agrícola Vale de Sousa (Agrival), que se vai celebrar durante os días 29 e 30 de agosto na localidade portuguesa de Penafiel.



Agrival, que se celebra durante 8 días no Pavillón de Feiras e Exposicións de Penafiel, é un dos eventos feirais máis importantes de Portugal, e foi visitada o pasado domingo polo primeiro ministro portugués, Pedro Passos Coelho.  Dispón dunha superficie expositiva de máis 24.000 metros cadrados, adicados tanto a exhibición agrícola, como a actividades de índole gastronómica e turística, concursos e artesanía. O evento rexistrou nos últimos anos en torno a 120.000 visitantes, e todos os anos un dos seus actos mais celebrados é o Día de Galicia, que nesta ocasión ten como invitado a Pontevedra.



Esta circunstancia ten sido aproveitada para a promoción da cidade, e desde o inicio da feira Pontevedra conta con stand propio que está a aproveitarar o evento para informar sobre os recursos turísticos da cidade.



 Penafiel celebra tradicionalmente o Día de Galicia no marco da súa feira anual, e este ano está dedicado a Pontevedra. A celebración terá como punto culminante a estrea da denominación Avenida de Pontevedra nunha das rúas desta localidade lusa.



Os actos adicados a Pontevedra comenzarán  o  venres, día 29, cunha visita á feira e a participación na cea que ofrece o presidente da Cámara Municipal de Penafiel, Dr. Antonino de Sousa. Para o  día seguinte, sábado, 30, está organizada unha sesión de honores na sede municipal, visita ao Museo de Penafiel e visita á feira con parada no stand de Galicia.

 

Carlota Román destacará tamén que Penafiel foi un dos municipios lusos participantes na recente feira do turismo do Eixo Atlántico, Expocidades, e tivo unha activa participación en todos os actos.

Visit Pontevedra