Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

O xurado cualificador do concurso de balcóns comeza o traballo de valoración dos 140 participantes

As visitas continuarán durante a xornada de mañá diante da imposibilidade de realizalas nun só día





O xurado cualificador da primeira edición do Concurso de Decoración de Fachadas e Balcóns no Centro Histórico de Pontevedra comezou hoxe a valoración das 140 propostas estéticas realizadas polos veciños que se teñen inscrito nesta iniciativa da Concellería de Promoción Económica, Emprego e Turismo.

 

A comitiva, presidida pola concelleira Carlota Román, estivo integrada polo xefe do servizo municipal de Xardíns, Manuel Fontán, e as representantes das asociacións de veciños Santa María e San Bartolomé, Carmen Solano e Mariluz Fernández, xunto coa xerente do Centro Comercial Urbano Zona Monumental, Mónica Tomé. Ao longo da mañá revisaron en torno a metade dos balcóns, polo que continuarán mañá o seu labor ata completar a totalidade das inscricións.

O xurado valora a calidade e equilibrio das composicións florais, a integración na fachada, a utilización de elementos adicionais e, en xeral, o impacto visual dende a rúa.

 

O concurso de balcóns comezou con motivo da feira do turismo do Eixo Atlántico, Expocidades, e rematará o 14 de setembro, é dicir, despois da Feira Franca. Nese mes haberá unha segunda rolda de visitas do xurado, que, a continuación, emitirá o seu veredicto sobre os tres gañadores, que levarán 600, 400 e 300 euros, respectivamente.

 

Carlota Román agradeceu o esforzo de todos os participantes, con independencia do resultado estético acadado por cada quen. Destacou que trátase dunha iniciativa pensada para enxalzar o atractivo turístico do Centro Histórico, pero que tamén ten unha compoñente de autoestima para os propios pontevedreses.

 

Á convocatoria sumáronse tamén, fóra de concurso, dez institucións, entre as que están o Consello Regulador das Rías Baixas, o colexio San Xosé, o Arquivo da Deputación, a Delegación do Ministerio de Economía e Facenda, a Casa das Campás (Uvigo), a empresa pública de servizos agrarios da Xunta (Seaga), UXT e o Casino Mercantil e Industrial.

Visit Pontevedra