Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

PONMO 2014 foxe dos espazos pechados coa intención de promover a cidade e facilitar o acceso do público.

A campaña gráfica e o vídeo promocional de PONMO 2014 presentados hoxe realizáronse en localizacións emblemáticas da cidade





A segunda edición de PONMO (Pontevedra Moda), que se celebrará entre os días 26 e 27 de setembro próximos, comeza a cobrar a súa forma definitiva. Será un certame fresco e innovador que busca escenarios na propia paisaxe urbana de Pontevedra coa dobre intención de promocionar a cidade e "democratizar" o acceso as distintas pasarelas.

A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Carlota Román, presentou hoxe os últimos avances do programa, acompañada da directora de Márketing das adegas Martín Códax, María Garrido, e do fotógrafo Marcos Suárez, responsable da campaña de imaxe.

A responsable municipal amosouse orgullosa de que o certame de moda consolide a aposta por incardinarse na cidade de Pontevedra, abandonando en todo o posible os escenarios pechados e convencionais. A idea está en maximizar o potencial de PONMO e abrilo á cidadanía sen as restricións que supoñen as entradas ou invitacións tan habituais neste tipo de actos. Queremos que PONMO sexa o gran festival sectorial da moda en Pontevedra, pero que tamén teña un inconfundible acento social e, por suposto, pontevedrés, recalcou.

 

PONMO estrutúrase en catro grandes bloques integrados pola pasarela PONMO (que se celebrará nun espazo público da cidade a menos que o mal tempo o impida), o "showroom" que chega coa denominación "PONMO FlyStore", o concurso PONMONOVO e as actividades complementarias con comerciantes locais e hostaleiros.

 

Presentada a edición 2014 do certame MARA PONMONOVO

 

Na rolda de prensa desta mañá foi presentada a edición 2014 do certame MARA PONMONOVO, que chega novamente  co patrocinio de Mara Martín (Adegas Martín Códax). Na modalidade de concurso está dirixido a deseñadores noveis de todo o territorio nacional. Haberá un xurado de profesionais que seleccionarán a mellor colección e o mellor estilismo. O certame terá lugar o vernes 26 de setembro na sede do Liceo Casino na rúa Manuel Quiroga.

María Garrido cualificou como un acerto ter accedido a patrocinar o concurso a través da referencia, variedade Godello, Mara Martín,  coa que PONMONOVO comparte espírito de innovación e marca.  Lembrou que o ano pasado presentáronse 70 coleccións á fase de preselección. Os deseñadores interesados en participar no certame deberán enviar as súas propostas enderezo novo@ponmo.com ata o vindeiro 30 de agosto.

 

Marcos Suárez propón unha campaña protagonizada por Pontevedra

 

Pola súa banda, Marcos Suárez, fotógrafo pontevedrés responsable da imaxe gráfica desta edición de PONMO, presentou a imaxe 2014 protagonizada por diferentes lugares icónicos da cidade, como a praza da Peregrina, os xardíns de Vincenti, o Liceo Casino e a ponte das Correntes. Utilizáronse os estilismos das ganadoras do certame PONMONOVO do ano pasado, Mónica Guillán e María Viqueira, así como das marcas Sweet Paripé e Yerai Brandenstein que participaron no showroom da edición anterior.

 

O fotógrafo optou por imaxes nas que a metade superior do corpo queda cuberta por globos, evocando así un concepto da moda que "fai soñar e voar", pero que tamén dá fundamento a un sector industrial que dá traballo a miles de persoas.

 

 

 

A campaña gráfica complétase cunha peza audiovisual promocional que leva a sinatura da productora pontevedresa "El Espejo Mágico Producciones" e que está dispoñible nos perfís sociais do evento.

En suma, trátase dunha campaña que representa a unión entre moda, cidade, industria e persoas. As imaxes poden descargarse directamente no enlace www.ponmo.com/grafica.

Visit Pontevedra