Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Terras de Pontevedra aposta por crear produtos turísticos ao redor da riqueza rupestre da comarca.

Está en marcha a negociación dun convenio coa Axencia Galega de Turismo para financiar as actuacións





O Pleno da Mancomunidade Terras de Pontevedra deseñou hoxe as principais liñas de actuación para este ano 2014. O máximo órgano reitor da mancomunidade está presidido polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e conta con representación dos concellos participantes: Marín, Poio, Ponte Caldelas, Vilaboa, Cotobade e Campo Lameiro.

A concelleira de Turismo pontevedresa, Carlota Román informou do borrador de convenio que a mancomunidade ten previsto asinar coa Axencia Galega de Turismo para a realización de actividades de difusión turística. O convenio terá un importe de 110.000 euros, dos que a entidade turística galega achegará 90.000 euros, e os concellos da mancomunidade os 20.000 euros restantes.

O eixe central de toda a programación vai ser a promoción da arte rupestre que se pode visitar dende Pontevedra como capital das Rías Baixas, para o que se van elaborar distintos produtos turísticos co obxecto de poñer en valor os petroglifos dos concellos da comarca.

Traballarase na creación dun produto turístico no que se combinen os roteiros coa gastronomía, a accesibilidade e, sobre todo, a configuración de paquetes ben diferenciados.

A estratexia terá moi presente o reforzo da comunicación, especialmente na Internet, dirixida a un público específico. Para elo buscarase o posicionamento na Rede dos novos produtos turísticos. Barállase a presenza nun portal de referencia, como é www.arqueotur.org. Os novos produtos integraranse tamén na rede internacional de "Caminos de Arte Rupestre Prehistórico" e, finalmente, abordaranse accións como a creación dun blog específico e/ou publicidade en revistas especializadas.

Visit Pontevedra