Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Expocidades pecha as súas portas con satisfacción pola resposta do público

Máis de 6.000 persoas pasaron pola carpa da feira do turismo do Eixo Atlántico en Pontevedra o pasado fin de semana.





Expocidades, a feira do turismo do Eixo Atlántico, pechou as súas portas en Pontevedra superando as expectativas. Máis de 6.000 persoas pasaron pola carpa instalada na praza de España e as 27 cidades galegas e portuguesas traballaron arreo para atender a un público moi interesado en coñecer de preto a oferta de lecer da eurorrexión galaico-portuguesa.


A apertura do pasado venres contou coa visita dunhas 1.500 persoas; o sábado recibiuse a algo máis de 2.000 visitantes e na xornada de clausura, este domingo, a cifra chegou aos 2.500 asistentes. Tanto no sábado como no domingo houbo que ampliar o horario de peche, debido a afluencia a última hora da tarde.


A feira chegou a Pontevedra da man da Concelleira de Turismo, Carlota Román, que acadou a designación da cidade, a pesar de que neste ano tocaba do lado portugués. A coincidencia de 2015 en ano electoral motivou que se repetise en Galicia, xa que a primeira edición tivo lugar en Lugo. Por outra banda, tanto expositores como xestores do Eixo Atlántico coincidiron en sinalar que Expocidades experimentou este ano un importante salto de calidad despois da súa estrea en 2013.


Carlota Román tamén reforzou a presenza de Expocidades cun completo programa de actividades tanto para as autoridades municipais galegas e portuguesas presentes na inauguración como para o público. Ademais, apostou por unha feira con presenza de blogueiros e referentes no mundo do turismo e a hostalería nas Redes Sociais chegados dende diferentes puntos de España e que están a promocionala na ventá dixital. O evento seguiuse por Twitter a través dos hashtags #expocidades e #pontevedra.


Durante os tres días de feira, o visitante tivo opción para obter todo tipo de información sobre as cidades presentes, que ofertan distintas alternativas de lecer, especialmente competitivas para programas escapadas durante calquera dos 52 fins de semana do ano.


A gastronomía e o folclore estiveron tamén moi presentes no recinto de Expocidades.

Visit Pontevedra