Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Expocidades converte a Pontevedra no escaparate do turismo de Galicia e do Norte de Portugal

Mañá sábado, as cidades de Braga, Vilagarcía de Arousa e Lugo realizan tres "showcookings" de pratos típicos na Praza de Abastos





Expocidades, a feira do turismo do Eixo Atlántico, abriu hoxe as súas portas na praza de España cun acto oficial co que se deu paso a tres días nos que o público terá acceso á ampla oferta que 27 cidades galegas e portuguesas ofrecen para descansos vacacionais ou escapadas de fin de semana.


O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e o presidente do Eixo e alcalde de A Coruña, Carlos Negreira, tomaron a palabra xunto coa concelleira de Turismo de Pontevedra, Carlota Román, verdadeira impulsora e xestora da celebración desta feira na cidade de Pontevedra. A carpa estará aberta ata última hora da tarde do domingo.


A Concellería de Turismo reforzou a xornada inaugural cun paseo en barco pola ría, dende o porto das Corbaceiras, para as autoridades dos dous lados da "raia" asistentes e, a última hora da tarde programouse unha visita teatralizada polo Centro Histórico.


Carlota Román apostou tamén por unha feira con presenza de blogueiros e referentes no mundo do turismo e a hostalería nas Redes Sociais chegados dende diferentes puntos de España e que están a promocionala na ventá dixital. O evento seguirase por Twitter a través dos hashtags #expocidades e #pontevedra.


Por outra banda, a programación de Expocidades para mañá sábado ten, como actividade complementaria principal a celebración de tres showcookings (cociña en directo) na Praza de Abastos a cargo de tres das cidades expositoras: Braga, Vilagarcía de Arousa e Lugo. A cociña estará situada no primeiro andar da Praza de Abastos, seguindo así a liña emprendida pola Concellería de Turismo para a promoción do certame PontedeTapas.


Braga comezará,  ás 11 horas, coa elaboración do seu doce máis típico, o "Pudim Abade de Priscos", a cargo do cociñeiro Manuel Almeida. Ás 12 horas será a quenda de Vilagarcía de Arousa, que preparará Ameixas de Carril. Finalmente, ás 13 horas, incorporarase o cociñeiro de Lugo, Álvaro Villasante Armas, para elaborar unha Pescada do pincho ao pil pil con xeado de tomate.


Durante os tres días de feira, o visitante pode obter todo tipo de información sobre as cidades presentes, que ofertan distintas alternativas de lecer, especialmente competitivas para programas escapadas durante calquera dos 52 fins de semana do ano.


A gastronomía e o folclore estarán tamén moi presentes no recinto de Expocidades. Haberá degustacións continuas dos viños da Ribeira Sacra (Monforte), viños e doces de Viana do Castelo; Vila do Conde ofrecerá pan doce; Gaia, viño do Porto, "doce da romaría Velhotes" e "broa de avintes"; Braga, "talassas", "fidalguinhos" e viño verde, e, finalmente, Penafiel traerá os seus coñecidos "bolinhos de amor".


Inauguración Expocidades 2014

 

Visit Pontevedra