Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

As showcookings na Praza de Abastos e as degustacións na carpa serán algúns dos actractivos gastrónomicos de Expocidades.

Esta prevista tamén a presenza de numerosos bloqueros aos que se lle programou unha viaxe á illa de Ons na intención de reforzar a imaxe de Pontevedra como destino lanzadeira para visitar a costa.






Expocidades inaugúrase mañá, a partir das 12.00 horas, coa presenza de representantes das 27 cidades galegas e portuguesas participantes, e un programa no que destacan as actividades gastronómicas e a proxección en Internet e redes sociais.



A Concellería de Promoción Económica preparou diversas actividades entre as que se conta a presenza na cidade dos principais blogueros do sector, exhibicións de cociña en directo (showcookings) na Praza de Abastos, degustacións de produtos típicos na carpa instalada na praza de España e actuacións e actuacións musicais continuas.


Poderán probarse, entre outros, viños de Ribeira Sacra (Monforte), viños e doces de Viana do Castelo; Vila do Conde ofrecerá pan doce; Gaia, viño do Porto, "doce dá romaría Velhotes e broa de avintes"; Braga, "talassas", "fidalguinhos" e viño verde, e Penafiel traerá os seus coñecidos "bolinhos de amor".



A primeira das xornadas inclúe diversos actos dirixidos a visitantes e expositores, entre os que se conta unha visita teatralizada polo casco histórico da cidade, rematando ás 21.30 horas cun pincho que o departamento de Carlota Román ofrecerá na Casa dá Luz.



A xornada do sábado terá como evento central, ademais da actividade da carpa na Praza de España, tres showcookings que se celebrarán no primeiro piso da Praza de Abastos. Estarán a cargo de tres cidades participantes na feira. Ás 11.00 horas cociñeiros de Braga cociñarán un doce típico da cidade portuguesa, o "pudim Abade de priscos". Ás 12.00 horas, Vilagarcía de Arousa elaborará unha ameixas de Carril e, finalmente, ás 13.00 horas, será a quenda de Lugo.



A organización programou tamén unha viaxe á illa de Ons a primeira hora da tarde, especialmente concibida para os blogueros que asisten a Expocidades, ao obxecto de reforzar a imaxe de Pontevedra como destino lanzadeira para visitar a costa, as rías e as illas do Parque Nacional.

 

Os blogueiros do mundo del turismo e gastronomía que acuden a Pontevedra son: Fidel Martín (www.elturistacultural.com), o video blogero Diego Pons (www.viajandocondiego.com), Xosé Manuel García (presentador do programa Come e Fala de TVG), Alberto Ribas (maisgrelos.blogspot.com), Frenchy Oubiña (twitter.com/galicia_mola), Xosé Luis Oliveira (oliveiravarela.blogspot.com), Manuel Méndez (www.cocinagallega.es), Marta Valcarce (travienlacocina.com), Eugenio García, Sandra Novo (galletasparamatilde.com), Rubén Amorín (nimataniengorda.com), Vero Nóvoa (apuntogastronomica.blogspot.com), Óscar de Toro (xerente do Café Venecia, de Santiago), Mónica Castelao (www.galiciousgourmet.com) e Víctor Blanco (www.obandullo.com) O seguese por Twitter a través dos hashtag #expocidades y #pontevedra.

Visit Pontevedra