Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Os creativos de Ponmo traballan na elaboración da campaña gráfica do certáme

As primeiras sesións fotográficas da nova imaxe de Ponmo realizaranse durante a tarde de mañá, xoves, en localizacións moi típicas da cidade.





Os preparativos do certame Pontevedra Moda (PONMO), que chegará a Pontevedra durante a última fin de semana do mes de setembro co apoio da Concellería de Promoción Económica, seguen avanzando. A organización está a pechar a participación nos distintos eventos que compoñen o certame que volverá converter a Pontevedra en referente da moda galega.



Un dos aspectos nos que se está a traballar nestes intres é a elaboración da campaña gráfica. Tal e como se adiantou na presentación oficial da segunda edición de PONMO, estará a cargo do fotógrafo pontevedrés Marcos Suárez.



As primeiras sesións fotográficas realizaranse durante a tarde de mañá, xoves, en localizacións moi típicas da cidade, porque a campaña apóiase na propia imaxe de Pontevedra. Non obstante, haberá sorpresas. Suárez ideou un concepto visual sorprendente e volátil, que será unha metáfora do mundo da moda, e que chamará a atención dende o primeiro momento.

Visit Pontevedra