Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Comeza a montaxe da feira de turismo Expocidades

Unha gran carpa amosará durante toda a fin de semana os recursos turísticos de 27 municipios de ambos lados da "raia"





A feira do turismo do Eixo Atlántico, Expocidades, comezou a súa montaxe. A praza de España foi finalmente elixida para albergar o certame atendendo ás características da infraestrutura necesaria, consistente nunha carpa de 750 metros cadrados cunha altura de ata 8 metros.

A concelleira de Turismo, Carlota Román, e o secretario xeral do Eixo, Xoán Mao, están a pechar os detalles dunha inauguración oficial que está prevista para o próximo venres, ás 12.00 horas, en presenza de numerosos alcaldes galegos e portugueses, entre eles o de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e o presidente do Eixo e rexedor coruñés, Carlos Negreira.

En Expocidades estarán un total de 27 municipios galegos e portugueses, que amosarán os seus principais recursos coa intención de  captar visitantes tanto de fin de semana como vacacionais. Están confirmados Braga, Bragança, Douro Alliance (Peso e Vila Real), Guimaraes, Penafiel, Viana, Vila do Conde, Chaves (eurocidade), Vilanova de Gaia, Macedo de Cavaleiros, Barcelos e Matosinhos. A representación galega estará integrada por A Coruña, Ferrol, Lugo, Narón, O Barco de Valdeorras, Ourense, Pontevedra, Verín (eurocidade), Carballo, Ribeira, Vilagarcía de Arousa, Monforte, Lalín e Sarria.

 

Os stands estarán formados por pallets brancos reutilizables. A Concellería de Turismo programou tamén actividades de promoción complementarias tanto dentro como fóra do recinto de Expocidades.

 

Por outra banda, a feira chega coa etiqueta de sostibilidade, pois aplica as normas ISO 20121 de xestión de eventos. O obxectivo é minimizar o impacto ambiental, social e económico. Entre as medidas específicas que se adoptarán está a contratación de produtos e servizos con criterios ambientais, utilización de material reciclado, diminución do consumo enerxético e recollida selectiva de residuos. Todo elo será auditado pola Axencia de Ecoloxía Urbana do Eixo Atlántico, "Eixoecología", creada en 2009

Visit Pontevedra