Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

A segunda edición do Entroido de Verán chega con máis animación na rúa e homenaxeando ao baile do Pino

A Concelleira de Turismo Carlota Román fai coincidir o evento festivo coa feira "Expocidades"





A segunda edición do Entroido de Verán chega con máis animación na rúa e homenaxeando ao baile do Pino

 

A actividade entra na programación festiva de Pontevedra O Entroido de Verán de Pontevedra celebrarase o próximo 5 de xullo cun amplo programa de animación na rúa e a implicación dos hostaleiros local e da Concellería de Turismo de Pontevedra. O evento farase coincidir coa fin de semana programada para a feira turística do Eixo Atlántico, "Expocidades", co obxectivo de aproveitar ao máximo a presenza de público na cidade.

 

A concelleira Carlota Román presentou hoxe esta segunda edición, acompañada dos hostaleiros Darío Fernández e Pablo Irago, xunto coas responsables das empresas "Risotadas" e "105 Besos Teatro", que se encargarán dun obradoiro de máscaras e maquillaxe e de reforzar a animación na rúa.

 

Carlota Román subliñou que o Entroido naceu o ano pasado, dun xeito un tanto apresurado, e, despois daquela "edición piloto", chega este ano máis maduro e cunha completa programación. Mantense no mes de xullo para apoiar a actividade empresarial ao comezo do verán.

 

Darío Fernández destacou que a iniciativa súmase ao programa festivo pontevedrés e consolida a súa vocación de ser unha festa máis de Pontevedra e para Pontevedra. Isto non é nin dos hostaleiros, nin dos empresarios da noite, recalcou, e, de feito, o programa comeza ás 19.00 horas con actividades para os máis pequenos.

 

O programa ten como eixe temático o histórico Baile do Pino, que funcionaba en Pontevedra dende a década dos 40-50 e que formaba parte moi activa da oferta lúdica daquela cidade de mediados de século. Polo tanto, anímase a todos os pontevedreses a caracterizarse axeitadamente como unha homenaxe a aqueles mozos e mozas, hoxe xa entrados en anos.

 

Pablo Irago destacou o esforzo de animación na rúa, coa incorporación de charangas habituais do Entroido de inverno. Participarán nun recorrido polo Centro Histórico con parada nas principais prazas, nas que haberá ambientación temática.

 

O programa comeza ás 19.00 horas na praza da Peregrina co obradoiro de máscaras e maquillaxe para os nenos a cargo de "Risotadas". O equipo de "105 besos" ocuparase da animación e os xogos.

 

Ás 21.30 horas comeza o "Tabernódromo" na praza da Verdura.

Ás 22.30 horas darase lectura ao pregón, a cargo dunha personaxe pública "moi coñecida", en presencia de Ravachol e Furcinho (o camaleón brasileiro que apadriña o Entroido e que demorará a súa chegada ata o último momento porque está a gozar do Mundial de Fútbol).

Ás 22.00 horas parte a comitiva de charangas para facer o percorrido polo Centro Histórico.

Visit Pontevedra