Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Os produtos da Praza de Abastos de Pontevedra nun recetario coas últimas propostas culinarias

A concelleira Carlota Román destaca que a aposta local pola gastronomía está a inspirar a campaña de tapas que prepara a Xunta de Galicia





A Praza de Abastos foi hoxe escenario dun acto promocional que consistiu no reparto de libros de cociña editados pola Concellería de Promoción Económica en colaboración coa emisora local Onda Cero. A concelleira, Carlota Román, entregou unha parte dos 5.000 exemplares editados baixo o título "Recomendacións Gastronómicas".

 

O libro, que forma parte dunha campaña a prol das compras na Praza de Abastos de Pontevedra, recolle as mellores propostas culinarias dos máis destacados restaurantes da provincia. Os distintos pratos están elaborados con produtos e ingredientes da maior calidade, que poden adquirirse no Mercado pontevedrés. O reparto realizarase na propia Praza e tamén en distintos puntos das provincias de Pontevedra  e Ourense.

 

O receitario está composto de 26 receitas entre menús completos (con un primeiro e segundo prato e un postre) de restaurantes de toda a provincia e tamén conteñen receitas de tapas. No acto participaron tamén o director de Onda Cero, Miguel Novoa, así como as presidentas das dúas asociacións de concesionarios da Praza de Abastos.

 

Carlota Román aproveitou o acto para adiantar que xa está a preparar a sétima edición do PontedeTapas, o concurso gastronómico de principios de decembro, que enche a ponte da Constitución e a Inmaculada. O certame manterá un formato semellante ao do ano pasado, no que se acabou de consolidar a aposta municipal por vinculalo ao mundo dixital 2.0. Volverá coincidir cun blogtrip de especialistas en  gastroturismo e haberá tamén showcookings en emprazamientos simbólicos e concursos en Facebook. Dende o ano pasado incorporouse ao programa unha gala final para a elaboración en directo das tapas gañadoras, que resultou todo un éxito e congregou a moito público no auditorio de NovaGalicia Banco.

 

A amplificación do PontedeTapas a través das Redes Sociais está a influír xa nos certames de tapas doutras localidades, cuxos organizadores se teñen dirixido á Concellería de Turismo para interesarse polos resultados das distintas accións emprendidas dende Pontevedra.

 

Neste marco de cooperación institucional, a concelleira de Turismo adiantou que Pontevedra sumarase á proposta da Axencia Galega de Turismo para a posta en marcha da iniciativa "De tapas por Galicia", coa que pretende promocionar os certames de tapas das sete grandes  cidades galegas. A idea do órgano da Xunta é colaborar coas cidades para editar un folleto e dirixir e planificar a difusión a través das mesmas canles dixitais que xa se veñen utilizando en Pontevedra dende hai algúns anos.

Visit Pontevedra