Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Entregadas as composicións florais a tres dos participantes no curso de formación do Concurso de Balcóns

Os tres gañadores do sorteo realizado onte na Casa da Luz recibiron hoxe as composicións de flores e plantas no marco do I Concurso de Decoración de Fachadas e Balcóns do Centro Histórico.





As composicións poderán ser utilizadas durante o certame, que durará ata o próximo mes de setembro. A concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, entregou as composicións ao colexio Los Cerezos, a tenda de roupa La Trastienda e á academia de Inglés, Dana Nagle.

 

No marco desta iniciativa, o pasado sábado celebrouse na Casa da Luz, un curso de formación sobre composición floral e coidado das plantas, no que participaron máis de 50 persoas. Entregáronse tamén un total de 1.000 plantas de tipo surfinias e xeranios colgantes. Durante o curso ofrecéronse consellos sobre composición e elaboráronse as tres propostas que hoxe foron entregadas aos  participantes agraciados no sorteo.

 

O concurso conta coa participación duns 150 veciños e comerciantes da zona monumental pontevedresa, que optan a diversos premios económicos. O único requisito para anotarse foi dispoñer dunha  fachada ou balcón que cumpra a normativa municipal en materia de conservación e seguridade.

 

Á convocatoria sumáronse tamén, fóra de concurso, dez institucións, entre as que están o Consello Regulador das Rías Baixas, o colexio San Xosé, o Arquivo da Deputación, a Delegación do Ministerio de Economía e Facenda, a Casa das Campás (Uvigo), a empresa pública de servizos agrarios da Xunta (Seaga), UXT e o Casino Mercantil e Industrial.

Visit Pontevedra