Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

O proxecto escolar “Emprender na miña Escola EME Cooperanova”, introduce aos rapaces na cultura emprendedora

Os alumnos dos colexios Príncipe Felipe e Praza de Barcelos participan nun proceso de creación de cooperativas de venda ambulanteno que colaboran a Deputación e a Concellería de Promoción Económica de Pontevedra.





A praza de Ourense acolleu hoxe os postos de venda de produtos artesanais elaborados polos alumnos dos colexios Príncipe Felipe e Praza de Barcelos, unha actividade que se enmarca dentro do proxecto educativo "Emprender na miña Escola EME Cooperanova", no que colaboraron a Deputación de Pontevedra e a Concellería de Promoción Económica do Concello de Pontevedra.

Os alumnos montaron dúas cooperativas, para o que tiveron que emular todos os procedementos e pasos para a súa posta en marcha, dende un enfoque baseado no traballo en equipo e o fomento da cultura emprendedora.

 

No acto de hoxe estiveron presentes a concelleira Carlota Román, a vicepresidenta provincial, Ana Isabel Vázquez, así como representantes dos colexios participantes.

Román fixo entrega das licenzas municipais para a venda neste mercadiño extraordinario, válidas para a xornada de hoxe. A continuación, unha patrulla da Policía Local reclamou a documentación aos presidentes das dúas cooperativas. A partir dese momento comezou a venda dos produtos artesanais elaborados polos propios rapaces.

Visit Pontevedra