Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

PonteEmprego adianta as súas datas a finais do mes de xuño para enlazarse co verán

Os obradoiros de formación reforzan o seu papel protagonista e ofertan case 1.000 prazas





A terceira edición da feira do Emprego de Pontevedra adianta as súas datas e chegará durante as xornadas dos próximos días 25 e 26 de xuño no Pazo da Cultura. PonteEmprego, que foi presentada hoxe pola concelleira de Promoción Económica, Emprego e Turismo, Carlota Román, busca unha mellor posición no calendario co obxectivo de que os participantes podan optimizar as súas posibilidades de colocación de cara ao verán.

 

Carlota Román subliñou que o evento volve apostar forte pola formación e fuxirá de crear falsas expectativas, polo que seguirá sen recoller currículos. Hai que tratar aos solicitantes de emprego co máximo respecto, dicirlles claramente o que ofrecemos, que na miña opinión é un programa moi atractivo, e non invitalos a facer colas inútiles, declarou a edil.

Estrutúrase ao redor de tres espazos complementarios: unha área expositiva, con stands de empresas e institucións; un programa de conferencias e unha ampla oferta de obradoiros formativos, que son o corazón dunha feira na que agárdase a participación de máis de mil persoas.

 

A concelleira destacou o reforzo nos obradoiros, que acollerán entre 15 e 25 persoas por sesión. O número total de prazas crece ata as 970, fronte ás 641 prazas da última edición, todo un esforzo loxístico que obriga a repetir varias as sesións, con duracións de entre 50 minutos e dúas horas. Os participantes aprenderán contidos clásicos (elaboración de curriculos, preparación de entrevistas...) pero tamén se introducirán na busca Online de traballo, na montaxe dunha cooperativa, nas franquicias ou "coaching".

Aínda que a asistencia á feira é gratuíta, esíxese inscrición para os obradoiros. O prazo estará aberto entre os días 11 e 22 de xuño e unicamente pode facerse no sitio web www.proxectoiles.es.

 

A concertación de entrevistas de traballo cómpre facela a través do boletín informativo dixital PonteEmprego (a subscrición pode solicitarse na web do Proxecto ILES). Na súa edición do próximo día 11 incluirase unha relación dos postos que se ofertarán na feira, incluíndo un correo electrónico de contacto de cada empresa.

PonteEmprego está dirixida especialmente aos parados, pero tamén a profesionais en activo en busca de novas oportunidades, emprendedores/as, xerentes de empresas, autónomos, inversores, titulados/as demandantes de primeiro emprego e estudantes.

 

Carlota Román aproveitou tamén para presentar ao conferenciante que abrirá a feira. Logo de contar os dous primeiros anos con figuras tan relevantes como o economista Emilio Ontiveros e o economista, xornalista e politólogo Antón Losada, este ano será a quenda do escritor e xornalista Ernesto Ekáizer, quen falará da nova economía do estancamento, do crecemento sen crecer e das diferenzas entre os conceptos de pleno emprego e plena empregabilidade.

 

Información sobre o desenvolvemento da feira, unha vez que comece, e xestión de entrevistas cos conferenciantes, no departamento de Prensa de PonteEmprego:

María Villa. Teléfono: 626420322.

Visit Pontevedra