Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

A Concellería de Turismo convoca o I Concurso de Decoración de Fachadas e Balcóns do Centro Histórico

A cidade acolle, a principios de xullo, a feira do turismo do Eixo Atlántico e así o Centro Histórico de Pontevedra ofrecerá, durante este  verán, a súa mellor imaxe.





A Concellería de Promoción Económica e Turismo, que dirixe Carlota Román, vén de convocar a I edición do Concurso de decoración e ornamentación de fachadas e balcóns co fin de embelecer esta contorna e implicar aos veciños na conservación do patrimonio arquitectónico do municipio".

 

O evento comezará o 7 de xuño e rematará o 14 de setembro, é dicir, con posterioridade á Feira Franca. Está dirixido a todos os veciños/as ou comerciantes titulares de balcóns, fachadas ou fiestras visibles dende a vía pública e que cumpran coa normativa en materia de conservación e seguridade. Están tamén invitadas a sumarse á iniciativa, fóra de concurso, as institucións públicas titulares de inmobles.

 

O prazo de inscrición está aberto ata o próximo 7 de xuño na Casa da Luz (praza da Verdura s/n) e pode obterse información na web do Concello www.pontevedra.eu, no enderezo electrónico promocioneconomica@pontevedra.eu e no teléfono 645085708.

 

A Concellería de Promoción Económica conta coa colaboración do Centro Comercial Urbano Zona Monumental, a Federación Provincial de Empresarios de Hostalería, Aempe e as asociacións de veciños Santa María e Boa Vila.

 

Un xurado decidirá os gañadores despois de senllas visitas de valoración, que se realizarán durante a primeira semana de xullo e a segunda semana de setembro. A intención é valorar o mantemento dos espazos durante todo o verán. O xurado valorará especialmente a disposición de flores e plantas localizadas en maceteiros, o equilibrio no crecemento das plantas, a combinación cromática, a orixinalidade da composición e impacto visual na fachada do inmoble, dimensións e elementos de calidade ornamental.

 

Carlota Román explicou que a primeira rolda de inspección do xurado coincidirá tamén coa celebración da feira do turismo do Eixo Atlántico, Expocidades, que se celebrará na Alameda entre o 4 e o 6 de xullo, na que se agarda a presenza de máis dunha vintena de cidades galegas e portuguesas.

 

O primeiro premio está dotado con 600 euros, o segundo con 400 euros e o terceiro con 300 euros.

A día de hoxe, explicou Carlota Román, xa hai 77 inscritos (22 particulares e 52 negocios) que se reparten polos puntos principais do Centro Histórico, especialmente nas prazas da Ferrería, Teucro, Méndez Núñez, Verdura, Leña e Curros Enríquez. En canto ás institucións, fóra de concurso, xa confirmaron a súa participación o Parador de Turismo Casa del Barón e a empresa pública galega de Servizos Agrarios (Seaga).

 

CURSO DE DECORACIÓN E ORNAMENTACIÓN

 

Como apoio ao concurso, a Concellería de Promoción Económica e Turismo organizou un curso de formación que se vai celebrar o sábado, 14 de xuño na Casa da Luz en horario de 10 a 13 horas.

O número de prazas é aberto. Realizaranse diferentes composicións florais para completar a información teórica sobre a fisioloxía das plantas e o seu coidado, así como ilustrar os pasos na montaxe para acadar un equilibrio no crecemento. As composicións serán sorteadas entre os participantes ao rematar o concurso.

A Concellería entregará aos participantes neste curso unhas 1.000 plantas das variedades surfinias, petunias e xeranios colgantes co obxectivo de axudar e incentivar a participación

Visit Pontevedra