Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

2014 Pontevedra ITU Campionato do Mundo de Duatlón

Pontevedra  recolle a testemuña de Ottawa coa disputa do Campionato Mundial de Duatlón 2014





O Campionato do Mundo de Duatlón, que se celebrará en Pontevedra entre o 31 de maio e o 1 de xuño, acollerá a un total de 1.415 deportistas procedentes de máis de 30 países e dos cinco continentes, superando en número de participantes a Ottawa, a cidade canadense organizadora da edición de 2013 e a Xixón, que o acolleu en 2011, que con 1.135 participantes foi ata a data o mundial máis concorrido.

A este nutrido número de deportistas hai que sumar persoal de apoio e seguidores  polo que se espera un altísimo nivel de ocupación na cidade, que esixe un esforzo de organización extraordinario, no que o voluntariado xoga un importante papel.  Un total de 484 persoas, que se están formando en cuestións sanitarias, inglés e información turística,  forman o operativo.

O Mundial comezará o sábado ás 9 horas e terminará o domingo, pasadas as 16.30 horas. O sábado tomarán a saída os participantes nas categorías júnior (masculina e feminina), Paratriatlón, Élite e Sub 23 (masculino e feminino), mentres que o domingo será o momento dos Grupos de Idade, o Open PontealDu, o relevo júnior e o relevo de elite.

A Pontevedra chegarán 349 ingleses, unha cifra que incluso supera á dos 337 españois. O terceiro país en representación son os Estados Unidos con 269 duatletas. Destaca tamén a participación de 83 canadenses, 39 australianos, 50 franceses e 35 sudafricanos. Pola cidade tamén pasarán atletas de Armenia, Austria, Australia, Bélxica, Brasil, Canadá, Croacia, Chequia, Dinamarca, España, Finlandia, Francia, Gran Bretaña, Alemaña, Grecia, Irlanda, Italia, Xapón, Luxemburgo, México, Holanda, Nova Zelanda, Polonia, Portugal, Sudáfrica, Rusia, Suíza, Suecia, Trinidade e Tobago, Ucraína, Estados Unidos e Venezuela.

No elenco de inscritos figuran o ex-atleta da Sociedade Ximnástica de Pontevedra, Emilio Martín (campión do Mundo 2012 e prata en 2013); o actual campión, o belga Rob Woestenborghs; o francés Benoit Nicolas (bronce 2011 e 2013) e está inscrito Javier Gómez Noya (tricampión do mundo de Triatlón). En mulleres destaca a francesa Sandra Levenez (varias veces medallista mundial, e prata en Cali). Entre os galegos hai que destacar a presenza de Melina Alonso (bronce júnior en Xixón) e do júnior vigués Antonio Serrat (sétimo no Campionato de Europa de Triatlón e subcampión de España de Duatlón).

O Campionato do Mundo concluirá cunha gran festa na explanada superior do Recinto Feiral e un concerto da Orquesta Panorama. Comezará ás 22 horas e concluirá ás 00.30 horas do domingo. O acceso é libre.

Visit Pontevedra