Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Os agregados de Defensa das embaixadas en España, de visita en Pontevedra

Concellería de Turismo ofreceulles unha visita guiada polo Centro Histórico

 





Un grupo de 46 agregados militares das embaixadas acreditadas en España están de visita en Galicia para coñecer distintos centros castrenses máis relevantes. A cidade de Pontevedra foi escollida como base para a xira, tendo en conta a importancia da Brigada Lixeira Aerotransportable (Brilat) e da Escola Naval Militar de Marín.

Os agregados militares, acompañados dos seus cónxuxes chegaron onte pola tarde a Pontevedra e marcharán o próximo xoves. Onte mesmo organizaron un acto de chegada ao que invitaron á concelleira de Turismo, Carlota Román. A edil devolveu a invitación esta mañá ofrecendo senllas visitas guiadas para dous grupos polo Centro Histórico con guía bilingüe español-inglés.

Os diplomáticos, procedentes de 30 países acreditados en Madrid, visitarán tamén,  ademais da Brilat e a Escola Naval, a sede da empresa Uro, en Santiago de Compostela, así como a Academia Básica de Suboficiais do Aire e o batallón da Unidade Militar de Emerxencias, ámbolos dous en León.

A xira está organizada polo Ministerio de Defensa, que todos os anos auspicia unha viaxe deste tipo. Desta volta elixiuse Galicia e o Noroeste español.

Visit Pontevedra