Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

A Asociación da Industria Española de Reuniones y Eventose celebra o seu Foro anual en Pontevedra

Os principais cargos directivos do "cluster" español de feiras e congresos debaten en Pontevedra sobre o futuro do sector





Os principais directivos de asociacións e empresas dedicadas á organización de feiras, congresos e eventos de negocios en España estarán en Pontevedra durante as xornadas deste xoves e venres para participar no Foro de Asociacións da Industria Española de Reunións e Eventos. O programa foi presentado hoxe pola concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, e o presidente da Asociación Galega de Feiras (Agafe), Alejandro Rubín.

A cita cos directivos do "cluster" feiral español será na Casa das Campás. Está confirmada a asistencia da totalidade da directiva da Asociación de Feiras de España (AFE) encabezada polo seu presidente, José Antonio Vicente Barrallo.

O xoves celébrase unha xuntanza interna sobre o turismo de negocios e incentivos (MICE, polas súas siglas en inglés). Xa o venres a programación arranca coa inauguración oficial e inclúe a presentación do último informe da Organización Mundial do Turismo, un informe sobre o panorama feiral galego e o papel de Pontevedra como destino para a organización de feiras e congresos. Finalmente, ofértase unha mesa redonda sobre as perspectivas da industria española de reunións e eventos.

Carlota Román destacou que Pontevedra acollerá este ano seis feiras e 12 congresos, xunto con varios eventos de menor formato. Estas cifras son aínda provisionais, porque xa están consolidándose outros dous ou tres congresos, dos sectores médico e enerxético, a maiores. A concelleira subliñou que contando cunha infraestrutura de tamaño medio e ben integrada no tecido urbano, o que fai innecesario contar con transporte, xunto cunha política municipal ben orientada, estanse a conseguir magníficos resultados.

A concelleira falou dun cambio de modelo no sector feiral galego, o que contrasta coa previsión  de Pontevedra de captar un mínimo de 50.000 visitantes coa súa programación feiral. Encadrou a celebración do foro de AFE como unha continuación ás visitas á cidade, ao longo dos dous últimos anos, das presidentas da Spain Convention Bureau e da asociación de Organizadores Profesionais de Congresos (OPC España).

 

Alejandro Rubín recalcou que o sector vive un momento de cambio, no que cobran todo o sentido os eventos ben conectados co tecido empresarial e as necesidades expresadas polos empresarios. Admitiu que algúns destinos poden estar pagando un alto prezo pola sobreoferta dos últimos anos e, por iso, engadiu, cómpre valorar o crecemento de Pontevedra da man dun Recinto Feiral de tamaño medio e unha política de promoción singular.

Hoxe ábrense moitas oportunidades de xerar actividade, engadiu. Os socios de AGAFE celebran un total de 40 feiras en Galicia durante este ano e a organización está traballando

Visit Pontevedra