Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

O turismo en Semana Santa medra un 5, 5% en relación ao pasado ano.

O turismo nacional acadou un 78% do total, mentres que os estranxeiros que medran de xeito notable, achegaron o 21% restante.





As sensacións positivas sobre o balanzo turístico da pasada Semana Santa en Pontevedra tamén foron detectadas pola rede municipal de atención ao visitante, composta pola sede da Casa da Luz e as casetas da Praza de España e Vialia (rúa Eduardo Pondal).

 

Segundo os datos recompilados polo departamento que dirixe a concelleira Carlota Román, un total 2.177 visitantes pasaron por estes tres puntos entre o luns e o domingo pasados. A media diaria foi de 217 persoas. O resultado é un 5,52% superior ao rexistrado durante o pasado ano.

 

O turismo nacional acadou un 78% do total, mentres que os estranxeiros achegaron o 21% restante. Non obstante, se nos cinguimos ao crecemento porcentual de ámbolos dous tipos de turistas creceron máis os estranxeiros, aínda que mantendo o seu menor peso nas cifras globais. Ademais, 350 veciños de Pontevedra pasaron polas oficinas turísticas a recoller programación de Semana Santa.

 

Os tres puntos de información municipal rexistraron unha actividade parecida. A Casa da Luz atendeu a 774 persoas, Vialia a 761 e a praza de España a 632. Se ben tamén influíu o feito de que a Casa de Luz estivo aberta de luns a domingo e as casetas, de mércores a domingo. A concelleira de Turismo considera que, unha vez máis, volve quedar acreditada a idoneidade da rede de información turística municipal, situada en tres puntos estratéxicos da cidade.

 

En canto á procedencia dos turistas nacionais, un 23% chegaron de Madrid, seguidos dos vascos e andaluces, cun 12% cada grupo. Entre os estranxeiros predominaron claramente os portugueses, cun 28%, seguidos dos ingleses, cun 12%.

 

Un 28% dos visitantes dixo estar aloxado en Pontevedra, por un 19% que durmía en Sanxenxo. Chamou a atención o dato do escaso 3% de excursionistas (sen pernocta na zona). De feito, o 71% dos turistas da pasada Semana Santa tiña contratada habitación de hotel, mentres que resto pasaba a noite noutro tipo de aloxamentos. Entre eles, un 14% manifestou que paraba no albergue de peregrinos.

 

A gran maioría dos que nos visitaron tiñan idades entre 31 e 60 anos, respondían a un perfil de turista familiar, que chegou a Pontevedra en coche e que na maioría dos casos (un 82%) non coñecía a cidade. En canto ao motivo da visita, o principal segue a ser a paisaxe, a gastronomía e a cultura (45%). Nun segundo lugar están as recomendacións de guías e/ou Internet (21%). O terceiro factor (18%) é o Camiño de Santiago.

 

Estes datos confirman, en opinión de Carlota Román, certa recuperación no turismo nacional e son valiosos á hora de orientar a política municipal de promoción turística cara o mercado nacional, especialmente nos puntos tradicionalmente emisores de visitantes cara Pontevedra. Por outra banda, está claro que cómpre seguir apostando pola Internet como fórmula para dar a coñecer a oferta turística pontevedresa.

 

Un total de 56 persoas participaron nas visitas guiadas que se ofreceron durante esta Semana Santa. Os colectivos principais foron os madrileños, pero tamén os galegos e un pequeno número de turistas internacionais e mesmo algún veciño de Pontevedra.

 

En canto á campaña de promoción turística que a Concellería puxo en marcha días antes da Semana Santa, xa está a recoller os seus froitos. O punto central é o sorteo de dous paquetes con estancias e actividades na cidade, para o que é preciso facerse fan da páxina de "Visit-Pontevedra" en Facebook. Nestes momentos, cando só se ten celebrado o primeiro concurso, traduciuse en 1.500 novos fans, elevando xa a cifra total a 3.699. Ademais, notouse o rebote na canle de Youtube, onde se teñen producido máis de 13.000 entradas nas dúas últimas semanas.

Visit Pontevedra