Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

A Concellería de Turismo estuda a posibilidade de converter a Pontevedra nun destino amigable para o turismo chino

A concelleira Carlota Román  entrevístase esta tarde con Penny Dai representante da organización "Chinese Friendly International"





A concelleira de Turismo, Carlota Román entrevistouse esta tarde con Penny Dai, escritora-crítica gastronómica do consorcio empresarial "Chinese Friendly Internacional", encargado da acreditación dos destinos e empresas "amigas dos chineses". Nestes momentos, Penny Dai esta percorrendo diversas rexións españolas con tradición gastrónomo co fin de escribir o primeiro libro sobre viaxe gastronómica por España en chinés, "Peregrinación polos Padais do Norte", patrocinado por Chinese Friendly en colaboración con Turespaña.

A xuntanza deu pé a unha visita guiada polo Centro Histórico na que se analizaron os requisitos e as vantaxes que podería supor para Pontevedra a obtención deste certificado.

"Chinese Friendly Internacional" é unha marca rexistrada nos 27 países da Unión Europea, xunto con Brasil e India. Actualmente está a rexistrarse tamén nos Estados Unidos. Está formada por socios individuais e o seu capital e nun 100% privado.

Dedícase a cualificar destinos, cidades e empresas do sector turístico (axencias, hoteles, restaurantes, comercio...) e axúdaas a formarse e a introducirse na comunicación no mercado chino.

A filosofía empresarial de "Chinese Friendly" baséase especialmente na colaboración entre os sectores público e privado, un aspecto no que Pontevedra ten incidido especialmente dende a creación da empresa municipal "Turismo de Pontevedra", que tamén deu pé, á súa vez, á posta en marcha das oficinas de Congresos e Film Commission, nas  que a presenza do sector privado é fundamental.

En España tan só Sevilla e Zaragoza teñen acadado a etiqueta de "cidades amigas dos chinos". O proceso, que dura máis dun ano, inclúe un plan de formación, perfilado do produto, un plan de calidade e outro de comunicación.

"Chinese Friendly" tamén mantén unha colaboración estable con Turespaña e Renfe e varias importantes empresas españolas.

Visit Pontevedra