Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Terras de Pontevedra comeza a deseñar as liñas de actuación do ano 2014

A arte rupestre, a mellora da sinalética e a difusión turística Online centrarán os obxectivos da macomunidade turística





O Pleno da Mancomunidade Terras de Pontevedra estudou hoxe un adianto das liñas de actuación previstas para este ano 2014. O máximo órgano reitor da mancomunidade está presidido polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e conta con representación dos concellos participantes: Marín, Poio, Ponte Caldelas, Vilaboa, Cotobade e Campo Lameiro.

 

A concelleira de Turismo pontevedresa, Carlota Román informou da xuntanza que mantivo, acompañada do alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, co director da Axencia Galega de Turismo, José Luis Maestro, quen confirmou unha achega de 90.000 euros á mancomunidade mediante a sinatura dun convenio de colaboración.

Esta dotación, xunto coa achega que fagan os concellos da Mancomunidade (que agora se xestiona conxuntamente coa empresa municipal Turismo de Pontevedra) permitirá poñer en marcha tres liñas estratéxicas para esta anualidade.

 

En primeiro lugar, vaise traballar a posta en valor dos recursos patrimoniais dos concellos con petroglifos: Marín, Campo Lameiro, Ponte Caldelas e Poio. O obxectivo é crear unha ruta integrada con gastronomía e aloxamento rural para configurar un produto turístico propio e diferenciado. Valorarase tamén a integración deste produto coa oferta doutras localizacións rupestres.

Unha segunda liña de actuación centrarase na sinalética dos distintos fitos turísticos dos concellos.

A terceira porá o foco na comunicación, especialmente na Internet. Consistirá en actividades diversas como unha campaña Online de promoción turística dos municipios, a partir da experiencia do Concello de Pontevedra, que xa leva dous anos apostando por esta fórmula. Barállanse tamén convocatorias para a mellora en comunicación dixital das empresas e formación do persoal. Un último obxectivo será a reedición e actualización dos folletos da mancomunidade.

 

Por último, Carlota Román informou da recente concesión a Pontevedra da mostra turística do Eixo Atlántico, Expocidades, que se celebrará a principios do próximo mes de xullo. Román invitou aos municipios de Terras de Pontevedra a sumarse a este proxecto, que considera como un bo escaparate para a mancomunidade.

Visit Pontevedra