Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Pontevedra acollerá un mínimo de 18 eventos feirais e congresuais ao longo deste ano

A Concellería de Promoción Económica pon en marcha a web da Oficina Municipal de Congresos: www.congresos-pontevedra.com





Pontevedra acollerá durante este ano media ducia de feiras sectoriais e 12 congresos, ademais da rodaxe de cinco producións audiovisuais. O programa provisional (estanse a negociar novos eventos) foi presentado hoxe pola concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, durante a xuntanza da Oficina de Congresos de Pontevedra.

Román, que aproveitou para presentar o novo portal web da Oficina (www.congresos-pontevedra.com), subliñou que agárdase captar entre 50.000 e 60.000 visitantes con esta programación. De eles entre 2.500 e 3.000 serán congresistas. Tendo en conta todos os gastos xerados polos asistentes ás feiras e congresos e os gastos de organización, calcúlase un retorno socioeconómico duns dous millóns de euros.

 

A Oficina de Congresos de Pontevedra ofrece unha fórmula de colaboración co sector público aos empresarios e asociacións do sector privado que proporcionan servizos básicos ou complementarios para a organización de eventos relacionados co turismo de negocios. O importante, destacou Román, é que todos colaboremos para que veña xente a Pontevedra, dende os que asisten a unha feira e só gastan nun café de 1,10 euros ata os que están aquí tres días. No turismo de incentivos, engadiu, vale todo porque todo suma.

O programa feiral de 2014 está integrado pola Feira de Oportunidades (PonteStock), o Salón de Vodas, Eventos e Celebracións (Si Quero), o Salón da Educación de Galicia (Edugal), a pasarela de moda (PONMO), o salón de Perruquería e Estética (Expo Beauty) e a Feira de Doces de Convento. En canto aos congresos, a Oficina de Pontevedra ten pechados os da Camelia, da Educación e Compromiso Social, da Asociación de Feiras de España (AFE), de Ciencias do Deporte e a Educación Física, o Galego de Dermatoloxía, o de Cirurxía Ortopédica, o de Xeriatría, PonteEmprego, Intermodes, o congreso Galicia Look&Fashion, Ponte a Punto e Unirrede.

 

Carlota Román, que agradeceu o apoio do colexio médico e da Universidade de Vigo, destacou que hai entidades que comezan a chamar á porta da Oficina de Congresos de Pontevedra e agora, coa nova ferramenta web, poderán facelo dun xeito aínda máis doado. Engadiu que mentres noutras cidades, a programación feiral languidece ou mesmo desaparece, en Pontevedra mantense unha actividade digna, baseada nunha estratexia diferenciada.

A Oficina de Congresos conta, a día de hoxe, con 26 socios colaboradores entre os que hai hoteis e firmas de restauración, de organización de eventos, de servizos audiovisuais, de transportes, de recursos de lecer... A diferencia doutras cidades, ningunha delas paga cotas. Román adiantou que agarda chegar aos 50 socios, aínda que admitiu que trátase dun camiño lento, no que falta moito por andar.

Visit Pontevedra