Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Pontevedra espera unha excelente ocupación hoteleira á calor da o Nelo Winter Challenge de Piragüismo

Agustín Fernández, concelleiro de Deportes subliña que a programación deportiva a colaboracion con turismo moitos establecementos chegan ao 100% de ocupación.





Os meses de febreiro e marzo son temporada baixa para o turismo. Sen embargo, os hoteis de Pontevedra afrontan este período cuns resultados moi notables. O traballo coordinado entre as concellerías de Deportes e de Turismo volve dar resultados pola vía da aposta polos eventos deportivos como motor socioeconómico da cidade.

O concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, explicou que a programación deportiva deste ano, que inclúe unha ducia de grandes competicións de rango nacional ou internacional xa está a dar os primeiros froitos.

No que vai de 2014, Pontevedra acolleu o Campionato de España de Taekwondo junior (15 e 16 de febreiro), o Campionato de España de Natación de Inverno infantil e junior (do 27 de febreiro ao 2 de marzo) e prepárase xa para o Nelo Winter Challenge de Piragüismo internacional (esta fin de semana do 8 e 9 de marzo).

Agustín Fernández subliña que se no campionato de taekwondo pasaron por Pontevedra unhas 2.000 persoas e máis de 3.000 para o campionato de natación, agora agárdanse outros 1.000 visitantes na competición piragüistica que o encoro de Verducido acolle durante esta fin de semana.

O resultado, subliña o concelleiro de Deportes foi que os hoteis de Pontevedra acadaron unha ocupación media superior ao 90% durante os 7 días correspondentes ás competicións xa realizadas e agora prepáranse para outra boa fin de semana á calor da Nelo Winter Challenge.

Os datos concretos demostran que o hotel pontevedrés con menor beneficio chegou ao 75% de ocupación no recente Campionato de Natación. A gran maioría dos establecementos recoñeceu ocupacións por enriba do 90% e mesmo, nalgún caso, do 100%.

Visit Pontevedra