Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

A Asociación de Empresarias de Pontevedra nace con máis dun centenar de afiliadas

A concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, ofrece o apoio do Concello ás actividades que organicen.





A provincia de Pontevedra conta cunha nova asociación empresarial destinada a defender e promocionar o papel da muller neste sector. A Asociación de Empresarias de Pontevedra foi creada a finais do pasado ano e hoxe presentouse oficialmente á concelleira de Promoción Económica, Carlota Román.

A directiva está presidida por Ana Couso e conta con Mercedes Paz, como vicepresidenta, e Mayca Gay como secretaria. Dispoñen xa de máis dun centenar de afiliadas.

A asociación chega co obxectivo de atender sensibilidades propias das mulleres empresarias. Orientar, asesorar e ofertar un programa de formación moi adaptado ás necesidades das profesionais son os seus primeiros obxectivos.

 

Carlota Román expresou a súa satisfacción polo nacemento deste novo colectivo empresarial e ofreceu colaboración institucional para a organización de actividades, especialmente, aquelas que supoñan a chegada de visitantes ou valor engadido para a cidade reforzando a súa programación feiral e/ou congresual.

A concelleira e as empresarias coincidiron, precisamente, en valorar o positivo impacto que tivo o primeiro salón-congreso de Perruquería e Estética "Galicia Look-Expo Beauty" celebrado durante o pasado ano. Ambas partes coinciden en que se  trata dun evento de moito potencial e polo que hai que apostar.

Visit Pontevedra