Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Fete-UXT e Escola Viva promoven un congreso dirixido ao profesorado que debatirá sobre o valor da Educación pública

"A Educación, compromiso social" que conta co patrocinio das Concejalias de Promoción Económica e de Educación, vaise pechará coa proxección do documental "As Mestras da República",





Educadores, directivos de centros escolares, pedagogos, representantes das asociacións de pais e nais, presidentes dos consellos escolares, políticos e xornalistas debaterán en Pontevedra sobre a importancia da Educación pública e debullarán o impacto da Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE). O congreso "A Educación, compromiso social", dirixido especificamente a profesores, celebrarase na Casa da Luz e no Teatro Principal, entre o 17 e o 24 de marzo próximos.

Os concelleiros de Promoción Económica, Carlota Román, e Educación, Agustín Fernández, participaron hoxe na presentación do programa xunto co secretario xeral de FETE-UXT Galicia, Raúl Gómez Farto, quen tamén preside o movemento de renovación pedagóxica Escola Viva. Xunto a eles estivo o responsable local de FETE, Juan Piris.

 

Cómpre reivindicar a Educación como arma para saír da crise, dixo Gómez Farto, quen denunciou que dende o ano 2009 a Xunta de Galicia recortou os seus orzamentos educativos en 400 millóns de euros.

Carlota Román subliñou que o seu departamento está envorcado en atraer a Pontevedra todo tipo de feiras e congresos. Nesta estratexia, remarcou, vale todo, dende os grandes eventos dunha semana ás xuntanzas dunha soa mañá.

Pola súa banda, Agustín Fernández falou do papel do Concello como defensor da dignidade no Ensino público, xa sexa exercendo as competencias legais en materia de conservación e mantemento dos colexios, como organizando e colaborando nas actividades extraescolares. Finalmente, explicou, cómpre xogar un papel de posicionamento político en contra do retroceso que significa a entrada en vigor da LOMCE.

 

O Congreso terá o seu colofón o próximo venres, día 21, coa proxección do documental producido polo propio sindicato e contará coa presenza da propia directora e guionista, Pilar Pérez Solano. Asistirá tamén Carlos López Cortiñas, secretario xeral de FETE-UGT España. O acto está programado para as 18.00 horas e a entrada será libre.

 

Os actos comezarán o luns, día 17, coa conferencia inaugural de Mario Bedera, catedrático da Universidade de Valladolid e portavoz de Educación do grupo parlamentario socialista no Congreso. Estará acompañado polo deputado pontevedrés Guillermo Meijón.

Nas sucesivas mesas de debate e conferencias participarán os representantes das ANPAS, os portavoces de Educación socialista e popular no Parlamento galego (Vicente Docasar e Román Rodríguez); os directores de varios centros educativos de Pontevedra e Vigo; catedráticos universitarios e os presidentes dos Consellos Escolares de varias comunidades autónomas.

 

Outro dos momentos sinalados será a presentación do libro "Educación pública e socialismo", de Luis Gómez Llorente, a cargo de Carlos López Cortiñas e do catedrático de Filosofía da UNED, Antonio García Santesmases.

O congreso ten unha capacidade de 100 prazas e está dirixido especificamente ao profesorado. Está homologado pola Consellería de Educación, pero para obter o diploma será necesario realizar traballos complementarios nunha sesión a celebrar durante a tarde do luns, 24 de marzo. Ata un 30% das prazas están abertas a profesores en paro.

O prazo de matrícula xa está aberto e pódese tramitar no enderezo ponteve-dra@feteugtgalicia.es ou no teléfono 986 85 48 13.

Visit Pontevedra