Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

A Praza de Abastos transfórmase nun barco pirata para celebrar o Entroido .

Carlota Román, sorprendida pola calidade do traballo realizado por los alumnos do Obradoiro de Empleo, aplaudiu tamén que algúns dos concesionarios da Praza se sumaran á festa lucindo prendas propias do mundo pirata





Velas pregadas, canóns, espadas, cordas, bandeiras e moito parche no ollo. O Mercado de Abastos xa está de Entroido.

 

A concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, visitou hoxe as instalacións municipais para supervisar o resultado do traballo que, durante  as últimas semanas, desenvolveron os alumnos do módulo de Dinamización Comercial do Obradoiro de Emprego. O resultado está á vista.

 

A entrada ao edificio, presidida polo loro Ravachol con gorro e parche no ollo, aparece transfigurada na popa dunha embarcación corsaria. As balaustradas acollen tres canóns por banda, os bolardos da escaleira configuran as cabezas da tripulación e o capitán. E sobre todo elo emerxe a imaxe dun gran mastro.

 

A escenografía inclúe tamén un mapa do tesouro, no que Ravachol desprega unha ala para sinalar o Mercado Municipal e a igrexa da Peregrina.A Praza ofrece tamén un photo-call e a roda dun timón, no primeiro andar, no que é posible tomar divertidas imaxes.

 

A concelleira destacou que esta actividade, ao igual que outras campañas máis convencionais, demostran a aposta constante do Concello pola dinamización da Praza de Abastos de Pontevedra.

Visit Pontevedra