Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Edugal, o gran escaparate do Ensino en Galicia e o Norte de Portugal, celebra a súa terceira edición.

A feira impulsada por Aempe e a Concellería de Promoción Económica acolle a 35 expositores e un amplo programa de actividades.





A Asociación de Empresarios da Mediana e Pequena Empresa (Aempe), co principal apoio da Concellería de Promoción Económica, pon en marcha a II edición do Salón da Educación de Galicia, Edugal. A cita é no Recinto Feiral de Pontevedra entre 26 e o 28 deste mes.

 

A feira educativa da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal foi presentada hoxe pola concelleira, Carlota Román. Estiveron presentes o xefe territorial da Consellería de Educación, César Pérez Ares; o presidente de Aempe, José María Corujo; o presidente da Cámara de Comercio, Eduardo Barros, e o director do Conservatorio de Música Manuel Quiroga, Luis Costa.

 

Esta terceira edición é, segundo destacou Carlota Román, unha gran nova, porque supón a consolidación dun certame que naceu "con nai e pai" (en referencia á Concellería e a Aempe) e que pretende ser "unha canle para axudar a madurar vocacións profesionais e ofrecer camiños vitais aos estudantes, entendendo por estudantes todas aquelas persoas con vontade de formarse".A feira, que o ano pasado captou 15.000 visitantes, ten como público obxectivo ao alumnado de todas as idades, aos profesionais do Ensino, aos centros educativos, aos formadores para o emprego e, por suposto, ás empresas.A

 

Formación Profesional, a interrelación co tecido empresarial, e especificamente a formación dual será un dos eixes programáticos desta terceira edición, destacou Pérez Ares. Aínda que tamén, con respecto ao ano anterior, increméntase substancialmente a presenza de centros con ensinanzas artísticas, tal e como apuntou o director do Conservatorio.

 

Edugal contará con 35 expositores nos que estarán institucións e centros de formación (Formación Profesional, Universidades, centros de estudos públicos e privados, Forzas Armadas...) e contará tamén con varias áreas de actividades. O programa das xornadas técnicas tratará a Orientación Educativa e Profesional e, a continuación, a Dimensión Europea da Educación. As actividades paralelas abordarán un obradoiro sobre comprensión lectora e técnicas de estudo; recursos para pais con nenos entre 3 e 6 anos; a proxección dun corto educativo animado e un casting para gravación de piloto de serie web.

Visit Pontevedra