A película, que será unha longametraxe que recrea a relación con Pontevedra do escritor e debuxante , rianxeiro, utilizará as localizacións do Roteiro Castelao municipal.
O cineasta pontevedrés Miguel López estrearase como director cun longo en formato documental, sobre a vida de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e a súa relación con Pontevedra coa colaboración da Film Commission de Pontevedra.
O proxecto de produción de á película presentouse hoxe na Casa da Luz coa presenza da Concelleira de Turismo e Promoción Económica Carlota Román, o director, Miguel López, a guionista e interprete Mayka Braña ("Sara" en libro de Familia da TVG), Miguel Pernas (que interpretará a Castelao )e a actriz Uxía Blanco.
Elaborada sobre un guión de Mayka Braña, que garda unha estreita relación coas localizacións do Roteiro Castelao que promove o concello a nivel turístico, a película "Castelao vive en Pontevedra" pretende articular un documental ficcionado sobre a relación entre Pontevedra e o autor de "Sempre en Galiza", que presentará algúns aspectos non tan divulgados do debuxante e escritor de Rianxo nas súas vivencias pontevedresas.
O filma será rodado nas rúas máis emblemáticas da cidade do Lérez, e nela darase especial cabida aos escenarios reais da vida de Castelao en Pontevedra, pero dando especial relevo ao "mundo interior do propio Castelao", tal como indica o seu director Miguel López, e coidando todo o aspecto documental xa que "neste tipo de proxectos non podes equivocarte en ningún dato"
Turismo de Pontevedra SA. Casa da Luz, Praza da Verdura s/n 36002 - Pontevedra.
+34 986 090 890. info@visit-pontevedra.com