Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Ravachol viaxa a Santiago este domingo para participar no Certame dos Entroidos de Galicia

Turismo de Pontevedra ocupará un stand na Praza do Obradoiro e fará promoción ao redor da figura do loro pontevedrés





As singularidades do Entroido de Pontevedra estarán presentes nun certame sobre os Entroidos de Galicia que se celebra este domingo en Santiago. A empresa municipal Turismo de Pontevedra instalará un stand que estará protagonizado pola imaxe do loro Ravachol.

O stand de visit-pontevedra estará decorado con carteis históricos do Entroido pontevedrés, gracias á colaboración da Concellería de Festas, xunto con folletos informativos.

Durante a xornada do domingo, manteranse encontros con touroperadores, profesionais do sector e xornalistas especializados en turismo de toda España, invitados ao evento.

A concelleira de Turismo, Carlota Román, quixo que Pontevedra estea presente neste certame, pensado e concibido dende a Axencia de Turismo de Galicia como un escaparate dos Entroidos máis icónicos da nosa terra. Xunto con Pontevedra estarán localidades como Vilaboa, Verín, Laza, Viana do Bolo, Cualedro, Riós, Vilariño de Conxo, Lourenzá, Xinzo, Maceda e Manzaneda.

Os actos consisten nun desfile, que parte ás 11 horas da dársena Xoán XXIII ata a praza do Obradoiro. Na praza instalarase unha haima para acoller os distintos stands e haberá tamén degustacións de produtos típicos destas datas.

Visit Pontevedra