Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Pontevedra volve convertese nun plató de rodaxe da man da “Film Commission”

A Film Commision acollerá o seu primeiro proxecto publicitario coa gravación de tres spots que formarán parte dunha campaña multimedia para promocionar senllas marcas de viños galegos.





A concelleira Carlota Román presentou hoxe esta iniciativa xunto con Isaac González e Antón Veiga, da promotora "Elemental Chefs". A campaña terá un gran impacto en Galicia a través de anuncios de televisión, Internet, publicidade exterior e prensa.

Román subliñou que antes de cumprir o primeiro ano de existencia, a "Pontevedra Film Commission" xa abriu as portas a tres produtoras audiovisuais. Despois da webserie "Clases do Social" e das tres curtometraxes sobre a traxectoria de A Bella Otero, Maruja Mallo e María Casares (premio Injuve), chega agora a rodaxe dos anuncios do grupo "Vinos y Bodegas Gallegas S.A.".

Os spots dos viños Gran Alanís (Ribeiro), Miudiño (Albariño) e Rectoral de Amandi (Ribeira Sacra) gravaranse á noitiña dos días 18, 19 e 20 de febreiro no salón do Liceo Casino. Os tres comerciais parten da idea dunha gran festa á que acoden personaxes das cancións populares galegas, con música e ambientación propias do personaxe, pero levando a estética ao momento actual.  Carolina (A saia da Carolina), o Sacristán de Coímbra e Carmiña (Vén bailar Carmiña) serán os protagonistas principais. Estarán acompañados de personaxes secundarios doutras cancións, como os Catro Vellos Mariñeiros, A Rianxeira... A música, pasada pola peneira do grupo "Weli Kings", fai soar dun xeito novo estas coñecidas pezas do cancioneiro galego.

Isaac González e Antón Veiga subliñaron que escolleron Pontevedra polas facilidades atopadas na oficina "Film Commission", "onde", subliñaron, "teñen moi claro o que queren". Os responsables de "Elemental Chefs", que xa teñen traballado noutras cidades, subliñaron que as rodaxes son, sen dúbida, unha das fórmulas máis intelixentes e produtivas de promoción turística.

Na bagaxe de "Elemental Chefs" están producións como o programa da TVG "Comes ou pagas" e tamén anuncios sobre comercialización eléctrica ("faiquechamiren.com") ou a campaña a prol de adegas galegas e organizacións sociais "motivosparabrindar.com".

Carlota Román recalcou que a "Film Commission" oferta unha simbiose perfecta, pois os creadores atopan apoio institucional, colaboración técnica e loxística, e a cidade de Pontevedra obtén un retorno en forma de promoción e tamén polo propio movemento económico inducido da presenza do equipo durante os días de rodaxe.

A produtora organiza un casting para cubrir postos de figurantes e mesmo algúns papeis protagonistas (entre eles os dos Catro Vellos Mariñeiros). Búscanse persoas adultas de diversas idades. Será na Casa da Luz este xoves, día 6, entre 12 e 14 horas e entre 16.30 e 18.30 horas.

A asistencia ás sesións de rodaxe é libre ata cubrir o aforo.

Visit Pontevedra