Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Aempe e a Concellería de Promoción Económica entregan os premios da campaña "Vivamos o Nadal"

A concelleira de Promoción Económica de Pontevedra, Carlota Román, e o presidente da Asociacion de Empresarios da Pequeña e Mediana Empresa de Pontevedra, José María Corujo foron as persoas que entregaron os premios.





Os tres gañadores dos primeiros premios da campaña de dinamización comercial "Vivamos o Nadal" pasaron hoxe pola Casa da Luz. A concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, e a directiva de Aempe, encabezada polo seu presidente, José María Corujo, foron os encargados da entrega.

 

A campaña repartiu 87 premios, entre os que destacan os cheques-compra de 1.000 euros, 500 euros e 300 euros, respectivamente, que obtiveron Víctor Fragueiro, Victoria Portas e Lola Cabada. Os tres adquiriron un lote de todo tipo de produtos no comercio local de Pontevedra.

Os participantes na campaña foron principalmente clientes do concello de Pontevedra, seguidos polos de Barro e Poio.
 

Carlota Román subliñou que a campaña "Vivamos o Nadal", encadrada dentro do convenio de colaboración entre o Concello e Aempe, pecha un círculo de promoción do comercio local, primeiro instando ás compras para participar no sorteo e logo, unha vez sorteados os premios, facilitando as compras no tecido comercial da cidade.

Visit Pontevedra